A ciencia faise con feitos como unha casa con pedras, pero unha acumulación de feitos non é ciencia, o mesmo que unha morea de pedras non é unha casa
Henri Poincaré

Por que a catedral de Santiago ten tons alaranxados na fachada do Obradoiro, mentres que na Acibechería predomina o verdello?
A bolseira Barrié en Harvard Patricia Sanmartín é doutora en Química especialista en conservación das rochas graníticas don noso patrimonio histórico-cultural. Un patrimonio colonizado por bacterias, liques, algas,..
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/entre-PATRICIA-SANMARTIN-def.mp3]
Descargar entrevista a Patricia Sanmartín
m

Este 23 de abril o Día do Científico Galego vai estar dedicado a Benito Jerónimo Feijoo, un ilustrado que combateu a ignorancia científica cunha obra que traspasou fronteiras.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/cientifico-2013-feijoo-def.mp3]
Descargar científico 2013
m

Nunca un simple limón deu un zume tan matemático. A Igrexa da Universidade de Santiago acolle ata o 16 de maio a exposición RSME Imaginary, unha mostra visual e interactiva para todos os públicos na que se poden atopar imaxes, esculturas e pantallas táctiles. Esta foi a nosa vista.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/repor-IMAGINARY-DEF.mp3]
Reportaxe Imaginary
n
E complementan esta edición efervescente unha nova Entrevista no Alén, neste caso a León Foucault. Velaquí tedes o programa completo.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/Efer-238-23-3-13.mp3]
Descargar programa completo Efer 238 (23-3-13)