Efer 447 (10-10-18) Noite Efervescente desde Guitiriz

 

⇑⇑⇑ Así transcorreu a VI Noite Efervescente que tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz coa presenza dos amigos de AMIPA e ASPABER e a inestimable colaboración dos nosos estreleiros Borja Tosar e Martin Pawley. Tivemos de anfitrioa á Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz.

 

Fotóns sen fronteiras

Salvador Bará, profesor de óptica na USC, investiga na medición da contaminación luminosa. As imaxes por satélite revelan que a contaminación luminosa non sabe de fronteiras administrativas. Un lugar como Guitiriz, por exemplo, recibe a meirande parte de contaminación luminosa dos concellos limítrofes.

 

Pinzas ópticas, láseres e o Nobel de Física

Maite Flores, profesora de física da USC, debúllanos o Nobel 2018 de física dedicado ás pinzas ópticas e os láseres de pulsos ultracurtos e de alta intensidade.

 

Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro

Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química  Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias.

 

Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos

A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais
Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa]

Bibiana García Visos na súa sección “Ciencia para andar por casa” cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula.
A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a …

 

É o glifosato seguro? con Deborah García Bello

A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí

 

O evasivo refuxio dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC]

Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia?

Rede Galega de Biomateriais I

Durante 12 semanas imos ir coñecendo en Efervesciencia as investigacións e desenvolvementos da Rede Galega de Biomateriais.

Comezamos con Pío González, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo. No grupo de Novos Materiais están a a mellorar as actuais próteses de titanio con biocerámicas que se asimilan ao oso.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/REDE-BIOMATERIAIS-1-DEF.mp3]

Rede Galega de Biomateriais 1. Biocerámicas.

 

 

Efer 315 (15-2-15): Viaxe ao fondo dos ollos

As cores dependen da luz que un ve

James Joyce

Efervesciencia é entidade colaboradora do IYL2015 en Galicia

.

Cando ollamos o fondo do ollo, a retina, estamos a ver a única parte do noso sistema nervioso que ten acceso directo ao exterior.  O investigador da USC Justo Arines deseña técnicas optométricas para poder ver con extrema nitidez no fondo do ollo. Algunhas destas tecnoloxías son semellantes as que teñen as cámaras mais modernas dos móbiles. Con Justo conversamos sobre Ciencias da Visión, láseres, lentes de contacto, depilación,… Tamén contamos con catedrático de Óptica da Universidade de Vigo Humberto Michinel que nos presenta as actividades e concursos do Ano Internacional da Luz en Galicia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Entre-Justo-Arines-def.mp3|titles=Entre Justo Arines def]

Entrevista Justo Arines con Humberto Michinel

.

.

Codealó son uns obradoiros didácticos de Educabarrié, a canle educativa da Fundación Barrié, para fomentar vocacións científico-técnicas a través da aprendizaxe da programación.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Micro-Barrie-Coedalo-def.mp3]

Educabarrié Codealó

.

A Wicho non se lle caen os aneis á hora de repasar a actualidade aeroespacial:

Wicherias febreiro 15

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Wicherias-febreiro-15-def.mp3|titles=Wicherias febreiro 15 def]

Representación artística dos aneis de J1407b (Ron Miller)

Velaquí o programa empaquetado completo listo para ser escoitado, compartido e descargado

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Efer-315-15-2-15.mp3]

Efer 315 (15-2-15)