Postal planetaria: Sexo no espazo

Nesta ocasión o noso amigo Borja Tosar dá respostas verosímiles a todas as cuestións sobre o sexo no espazo que  nunca nos atrevemos a preguntar:  Como? Cando? Onde? Unha nova “Postal Planetaria” absolutamente sorprendente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/postal-sexo-no-espazo-def.mp3]

Postal planetaria: sexo no espazo

 

Efer 237 (16-3-13): Economía ambiental

Toda frase breve acerca da economía é intrinsecamente falsa

Alfred Marshall

 

Vivenda bioclimatica de Sotavento (Ilustración Sotavento)

O desafío do cambio climático precisa de achegas desde todos os campos do saber, tanto desde as evidencias científicas, os avances tecnolóxicos, ou desde o eido da economía. Xavier Labandeira é catedrático de economía da Universidade de Vigo, especialista en economía enerxética e ambiental, e co-director Economics for Energy. Desde este grupo de investigación privado teñen estimado que no horizonte do 2030 se podería chegar a aforrar en España ata un 40% da factura enerxética. Pra iso sería deberíase levar a cabo medidas de eficiencia e aforro enerxético que suporían un custe neto practicamente neutro. Entre estas medidas propoñen a creación dun imposto temporal sobre os edificios ineficientes que incentivase as reformas dos mesmos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-xavier-lavandeira-def.mp3]

Entrevista a  Xavier Labandeira

 

Proxecto Faros

Rosa Pedrido traenos a empresa innovadora con sede en Vigo Marexi Marine Technology. O seu director Joaquín Gracia preséntanos algúns dos seus proxectos, como o sistema de eliminación de anisakis a bordo, ou a súa participación no proxecto europeo FAROS de reducción e valorización de descartes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Innovando-marexi-def.mp3]

Innovando Marexi

 

Foto tomada por Wicho antes de empezar a súa colaboración nos estudios da Coruña

Wicherías: Dícese das colaboracións do microsiervo Wicho en Efervesciencia nas que fala dos temas mais diversos. Como por exemplo as naves de avituallamento da ISS, os avances da Curiosity en Marte ou a irrupciñon das impresoras 3D.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/WICHERIAS-impresora-def.mp3]

Descargar Wicherias

 

Completan esta edición de Efervesciencia un Circo de Bacterias dedicado a uns intrigantes experimentos co lévedo da cervexa. Velaquí podes escoitar o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-237-16-3-13.mp3]

Programa 237