Investigarte

Vense de fallar o concurso artístico dos científicos de hoxe e de mañá: Investigarte. Un concurso organizado por Educabarrié, o Campús Vida da Universidade de Santiago e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago.

Beatriz Orosa forma parte do grupo de investigadores promotores desta iniciativa que tivo unha excelente acollida. Tamén conversamos con Xacobe de Toro,  membro do xurado de Investigarte, na modalidade escolar, en calidade de representante do gabinete de mestres de Educabarrié.

Do 25 de abril ao 28 de xuño pode visitarse na sede da Fundación Barrié de A Coruña unha exposicións coas mellores obras, e en breve no Pazo de Fonseca de Santiago.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/mircro-educabarrie-investigarte.mp3]

Reportaxe Investigarte

Paralarva de polbo por Jorge Hernández (IIM-CSIC) primeiro premio categoría macro

[youtube k9YYK0e4geo]

“A muiñose”  polo IES Otero Pedrayo da Couña, premio ao mellor vídeo escolar

 

Efer 240 (6-4-13): Salvar o planeta… desde a casa

Que brillante e fermoso nos parece un cometa ó seu paso pola terra, a condición de que pase de longo

Isaac Asimov

O asteroide Apofis

Baixo certas circunstancias os grandes pedrolos que se atopan entre as órbitas de Marte e Xúpiter abandonan o amplo cinto de asteroides e toman camiño en dirección a terra. Entón, non nos queda outra que recoller a maior cantidade de datos e botar man das leis do Isaac Newton, para asegurarnos que a rocha espacial pase de longo e fique nun bonito espectáculo para astrónomos.

Cales son os asteroides potencialmente perigosos para a terra? Canta destrucción poden chegar a causar? Cada canto tempo cae un deses pedrolos? Podemos facer algo? Como se comunica a poboación un impacto inminente? Conversamos con Enrique Solano, científico titular do Centro de Astrobioloxía do CSIC-INTA e responsable do Observatorio Virtual Español. Agora grazas a un proxecto deste observatorio virtual podemos colaborar a salvar o planeta desde as nosas casas axudando a elucidar as traxectorias destes corpos. É moi sinxelo, so hai que comparar fotografías.

Trátase de ver puntos que se moven nas fotos. É moi sinxelo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/ENTRE-ENRIQUE-SOLANO-DEF.mp3]

Descargar entrevista a Enrique Solano

 

A fronteira entre 2 cepas de P. mirabilis é visible a ollo espido (Foto: Chem. Rev)

A protagonista dunha nova edición do Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira é Proteus mirabilis. Unha bacteria territorial que crea fronteiras físicas entre colonias de cepas distintas. Pasen e vexan.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/bacterias-proteus-mirabiliis-def.mp3]

Circo de Bacterias Proteus mirabilis

 

 

Xornada de iniciación a investigación (Foto: Ciqus)

Visitamos os laboratorios do CIQUS, o Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC aproveitando unhas xornadas de aproximacións a investigación científica para escolares.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/repor-ciqus-def.mp3]

Repor CIQUS

 

Completa o programa o fallo do concurso artístico Investigarte. Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Efer-240-6-413.mp3|titles=Efer 240 (6-4-13)]

Descargar Efer 240 (6-4-13)