Efer 237 (16-3-13): Economía ambiental

Toda frase breve acerca da economía é intrinsecamente falsa

Alfred Marshall

 

Vivenda bioclimatica de Sotavento (Ilustración Sotavento)

O desafío do cambio climático precisa de achegas desde todos os campos do saber, tanto desde as evidencias científicas, os avances tecnolóxicos, ou desde o eido da economía. Xavier Labandeira é catedrático de economía da Universidade de Vigo, especialista en economía enerxética e ambiental, e co-director Economics for Energy. Desde este grupo de investigación privado teñen estimado que no horizonte do 2030 se podería chegar a aforrar en España ata un 40% da factura enerxética. Pra iso sería deberíase levar a cabo medidas de eficiencia e aforro enerxético que suporían un custe neto practicamente neutro. Entre estas medidas propoñen a creación dun imposto temporal sobre os edificios ineficientes que incentivase as reformas dos mesmos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-xavier-lavandeira-def.mp3]

Entrevista a  Xavier Labandeira

 

Proxecto Faros

Rosa Pedrido traenos a empresa innovadora con sede en Vigo Marexi Marine Technology. O seu director Joaquín Gracia preséntanos algúns dos seus proxectos, como o sistema de eliminación de anisakis a bordo, ou a súa participación no proxecto europeo FAROS de reducción e valorización de descartes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Innovando-marexi-def.mp3]

Innovando Marexi

 

Foto tomada por Wicho antes de empezar a súa colaboración nos estudios da Coruña

Wicherías: Dícese das colaboracións do microsiervo Wicho en Efervesciencia nas que fala dos temas mais diversos. Como por exemplo as naves de avituallamento da ISS, os avances da Curiosity en Marte ou a irrupciñon das impresoras 3D.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/WICHERIAS-impresora-def.mp3]

Descargar Wicherias

 

Completan esta edición de Efervesciencia un Circo de Bacterias dedicado a uns intrigantes experimentos co lévedo da cervexa. Velaquí podes escoitar o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-237-16-3-13.mp3]

Programa 237

 

Programa 130 (19-4-09): Día do científico galego

Non sempre houbo a mesma proporción de osíxeno na atmosfera. Se viaxasemos no tempo ata época dos dinosauros en cada inspiración introduciriamos nos nosos pulmóns a metade de osíxeno do que o facemos hoxe. E logo como é que respiraban estes incribles bichos?

Na sección aleatoria imos adiantarnos ó segundo “Día do Científico Galego”.  A Real Academia Galega de Ciencias organiza por segunda ocasión esta efeméride, co que a comunidade científica galega quere homenaxear ás súas figuras máis destacadas. A primeira edición desta conmemoración lembrou ó matemático Enrique Vidal Abascal. O protagonista do vindeiro 23 de abril vai ser nesta ocasión o pai da xeoloxía galega Isidro Parga Pondal.

Parga Pondal nun laboratoiro da Facultade de Ciencias da USC

Pondal de traballo de campo en Mina Sonia, na Mariña Lucense (bautizada co nome da súa neta). Ano 1963.

Grazas á visualización avanzada podemos ver con todo detalle imaxes tridimensionais de cousas que aínda non existen – un edificio, un aeroporto,…- e doutras que xa son historia – a catedral de Santiago no século XIII-. Conversamos con Luís Hernández, director do grupo Videalab da Universidade da Coruña.

A fonte encantada

William Thomson, Lord Kelvin, é un dos pais da termodinámica. Se hoxe temos neveiras e conxeladores é debido ao un efecto que el descubriu, o efecto Joule-Thomson. No que non era moi certeiro este gran físico do XIX era nas súas previsións. Lord Kelvin é o protagonista de Entrevistas no Alén, a xenial sección de Cesar Goldi.

Lord Kelvin

Programa 130 (19-4-09)

Programa 105 (19-10-08): Historia ecolóxica dos últimos 10.000 anos

As novas da semana teñen como protagonistas os vermes. Por un lado as lombrigas inglesas, e por outro ás rítmicas deposicións do C elegans.

[youtube wnyti0rOabU nolink]

Caenorhabditis elegans caga a ritmos regulares de 45 segundos.

Por outro lado o programa Initia promovido pola Sección Ibérica da Sociedade Científica Sigma Xi ven de conseguir unha mención de honra na modalidade de Ciencia e Tecnoloxía no concurso internacional Ciencia en Acción.

Paisaxes que agora nos  parecen naturais en realidade foron producidos pola acción do home. A investigación sobre como era a terra no pasado pode facer que gañemos perspectiva á hora de prepararnos para o futuro.

Cianobacterias

Co catedrático de edafoloxía da USC Antonio Martínez Cortizas conversamos sobre a pegada dos noso antecesores no ambiente, a influencia dos cambios climáticos nas civilizacións, a como ler o clima nas turbeiras… en definitiva, sobre a historia ecolóxica dos últimos 10.000 anos.

Antonio Martinez Cortizas
Antonio Martínez Cortizas

Innovamos con Drogas Vigo, facemos un concurso e buscamos investigadores en ciencias da terra arrichados que queiran participar nun café científico.

Programa 105 (19-10-08)