Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello

As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto “Light4Heritage” estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre “Light4Heritage” con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?

 

Portada galega en Science

O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science.

 

Vaso de viño cardiosaudable?

Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Aquí tes máis información.

 

 O cheiro da choiva

En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de “Moléculas en Galego” Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.

 

Efer 319 (15-3-15): Farois, eclipse e o roubo do meteorito

Foto Andrew.O CC BY-NC-ND 2.0

Iluminar menos é iluminar mellor

Hai xusto 100 anos as noites de lúa chea a compañía de gas de Santiago de Compostela non encendía os farois. Así queda reflectido na novela “La Casa de la Troya“. Hoxe en día iluminamos de mais, irregularmente, a deshora e apuntando onde non debemos. Cunhas luminarias ben deseñadas podes ver perfectamente e loitar contra a contaminación lumínica. Conversamos con Fernando Jáuregui presidente de Cel Fosc, a Asociación contra a Contaminación Luminica.

Se tes unha foto dun farol ou luminoso contaminante manda un chio co hastag #iluminados.

Eclipsados

Martin Pawley e Borja Tosar dánnos as claves para ver a eclipse  do 20 de marzo, que non o sol.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-Fernando-Jauregui-e-eclipse-def.mp3]

Entre Fernando Jauregui e eclipse

.

Intenta roubar un meteorito de 37 toneladas e di que pasaba por aí

O documental “El color que cayó del cielo” de Sergio Wolf conta a historia de “El Campo del Cielo”, unha rexión do Chaco arxentino onde hai 4000 anos impactou unha chuvia de meteoritos. Wolf construye un relato de fascinación por estas rochas extraterrestres onde se contrapoñen o estudoso Willian Cassidy e maior traficante de meteoritos, Robert Haag.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-Sergio-Wolf-Campo-del-Cielo-def.mp3]

Entrevista a Sergio Wolf

.

Cando un deixa de ser curioso empeza a morrer

La habitación de Fermat” é unha intriga matemática que levaron ao cine Rodrigo Sopeña e Luis Piedrahita. Con esta escusa descubrimos as inquedanzas científicas do mago, humorista e moitas couas mais, Luis Piedrahita.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-piedrahita-def.mp3]

Entrevista  Piedrahita

.

Este é o programa completo para escoitar, coleccionar, compartir, agasallar, descargar,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Efer-319-15-3-15.mp3]

Efer 319 (15-3-15)