Mar
12
2018
A única axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea. Visitamos o seu “Future Oceans Lab” na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro.
Muller e Ciencia
Joana Magalhaes fálanos da política de xénero “Human Brain Porject” da Unión Europea. Velaquí un par de lecturas recomendadas: Why we need to put women on research teams e How to tackle the childcare–conference conundrum
Banda Deseñada
En “Cambio de Fase” Daniel Pizarro preséntanos o cómic “El misterio del mundo cuántico“.
Cinema e Ciencia
Coñecemos os míticos “Vortex Concerts” en planetarios de Jordan Belson da man de Martin Pawley.