Nov
24
2016
Non mires con receo o meu ensino ó veres que cos ollos non podemos descubrilos principios das cousas: non entanto, é preciso que confeses que hai corpos que os ollos non perciben (Lucrecio, visto en “El ojo desnudo”)
Datos xenómicos seguros?
Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.
Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda
Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos. O primeiro capítulo está aquí.
“El ojo desnudo” desde unha cámara escura
Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro “El ojo desnudo“. A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas que nos sirve para facer o concurso “Un libro, un autor, un lugar”. A solución está aquí.