Efer 355 (15-5-16): Negro

El_septimo_sello-835408772-large

A Idade Media considérase popularmente unha época da historia chea de sombras que apenas aportou nada á humanidade. Unha época de transición de 1000 anos? Quen estableceu a súa duración? Realmente a Grecia clásica achegou mais coñecemento técnico que a Idade Media? Que pasou fóra de Europa? A historiadora Antonia de Oñate reflexiona criticamente sobre os mitos da Idade Media. Oñate tamén é directora xeral de “ARP-Sociedad para el avance del pensamiento crítico“.

 

Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero só un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor…

 

Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súa hipótese da vexiga voadora de enerxía escura do home de aceiro.

Efer 343 (21-2-16): Unha mirada científica á historia

A historia é a ciencia do que nunca sucede dúas veces
Paul Valéry

As veces para estudar a historia cómpre mirar mais aló das fontes canónicas. Como a catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez que emprega as dinastías reais europeas como laboratorio para estudar a consanguinidade.

Sin-título-1

International Innovation 133 (2014)

En 2015 Álvarez xunto con Francisco Ceballos estudou a correlación entre a taxa de consanguinidade e a supervivencia aos 10 anos dos Austrias. Na arte podemos atopar pistas de como os Austrías intentaron contrarestar o seu feitizo xenético.

Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunten a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta. Aquí tes a entrevista íntegra a Gonzalo Álvarez:

 

practicas no laboratorio

Da man do catedrático emérito de Química Orgánica da USC Luis Castedo coñecemos ao químico Ignacio Ribas Marqués, protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.

Completa este programa a charla con Xurxo Ayán sobre o seu libro “Altamira vista por los españoles”.