Programa 128 (5-4-09): Publica ou morre!!

Un cadro da artista e profesora de física e química no IES Urbano Lugrís Margarita Cimadevila vai pasar a pertencer a Stephen Hawking.

No centro comercial Doche Vita da Coruña pode verse a obra de Cimadevila

Título "CERN". No centro comercial Dolche Vita da Coruña pódese ver a obra de Cimadevila

Dos seguintes autores dun artigo científico da USC, cantos son mulleres e cantos son homes? Valencia Matarranz, L.; Lodeiro Espiño, C.; Macías Luaces, A.; Bastida de la Calle, R., Fenton, D. e Vicente García, M.

Aínda que pareza incrible, as bases de datos bibliométricas non permiten coñecer o xénero dos investigadores. No tempo da conversa falamos con Victoria Millor sobre as revistas electrónicas onde publican os científicos. Millor é directora técnica do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, Bugalicia. Un servizo das universidades galegas que amablemente responde por teléfono ou por correo electrónico as demandas dos investigadores. Ademais, o Bugalicia realiza imprescindibles investigacións bibliométricas sobre a calidade e a cantidade das publicacións dos científicos galegos.

Victoria Millor

Victoria Millor

Un blog moi recomendable para coñecer o que se publica en ciencia en Galicia é As Corredoiras da Ciencia, unha iniciativa de divulgación de Bugalicia.

Os nosos estreleiros, Óscar Blanco e Martin Pawley, guíannos polo ceo de abril. Aos primeiros amigos de Efervesciencia que nos escribades un comentario para esta sección de astronomía afeccionada enviarémosvos un exemplar da “Guía do Ceo” do ano 2009 editada por Le pour qua pas e polo Concello da Coruña.

Programa 129 (5-4-09)