Guía do Ceo do Verán 2014 en papel

A nosa estreleira Irene Baspino coa colaboración de Martin Pawley agasállanos un ano mais cunha Guía do Ceo en papel para gozar a tope co firmamento estival. Un documento de iniciación á astronomía imprescindible na túa equipaxe das vacacións.

Esta é presentación da Guía do Ceo do verán que fixemos no directo desde as Festas do Barrio de San Pedro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/presentación-guia-do-ceo-verán-28-6-14.mp3]

Audio de presentación Guia do Ceo verán 28-6-14

.

 

Guía do Ceo de Inverno 2014

Cando a meteoroloxía o permite, no inverno podemos gozar de noites con ceos espléndidos. Os nosos estreleiros Martín Pawley e Irene Baspino lévannos de excursión polo “Hexágono de Inverno” e por Orión.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/01/CEO-XANEIRO-14-def-e-final.mp3]

Audio da Guía do Ceo de xaneiro 2014

E para que ninguén se perda Irene Baspino regalounos este mapa en pdf imprescindible para iniciarse no ceo invernal.

Guía do Ceo de verán 2013

Á altura do solsticio de verán estamos nos días mais longos do ano onde o sol acada a súa máxima altura ó mediodía, e a nosa sombra é mais pequena. Pola contra as noites son as mais curtas, pero aínda así hai moito ceo por gozar, e senón que llo digan aos nosos estreleiros, Irene Baspino e  Martin Pawley.

Para quen queira non deixar de escapar a oportunidade de explorar o ceo de verán velaquí temos a nosa Guía do Ceo válida para novatos e tamén para “enterados”.

Nesta Guía do Ceo incluímos unha crónica sonora da “Noite Efervescente“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/Guía-do-Ceo-do-Verán-2013-def.mp3]

Podcast da Guía do Ceo do Verán 2013

E como extra aquí tedes un agasallo que nos fixo Irene Baspino, unha Guía do Ceo do verán paso a paso en formato electrónico. Non a deixedes de compartir e levar nas vosas vacacións.

Guía do Ceo do Verán 2013

Efer 244 (11-5-13): Todos somos un chisco xitanos e viceversa

As razas son puras invencións que sempre se utilizaron para clasificar arbitrariamente homes e mulleres en mellores e peores e deste xeito discriminar ós últimos

Rita Levi-Montalcine

 

David Comas coa nosa colaboradora Marta Vila nos estudios de A Coruña

Analizando o xenoma de diferentes poboacións humanas podemos aprender moito da súa historia. O grupo de David Comas, investigador do Instituto de Bioloxía Evolutiva do CSIC- UPF, ten estudiado ao pobo xitano desde este punto de vista. A xenética afina a orixe da maior minoría étnica de Europa, que está composta por máis persoas que a poboación de Grecia ou Portugal. Os datos indican en que porcentaxe as diferentes comunidades xitanas se teñen misturado coa poboación local na a súa migración desde o norte  da India hai 1500 anos. Agora cómpre determinar canta compoñente xitana levamos os non xitanos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/entre-david-comas-def.mp3]

Descargar Entrevista a  David Comas

.

As constelacións circumpolares están visibles todo ano. Nesta Guía do Ceo a protagonista é Draco, a constelación do Dragón.  Os nosos estreleiro tamén aproveitan para presentar a  Noite Efervescente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/GUIA-DO-CEO-MAIO-13-def.mp3]

Guía do Ceo de Maio

.

Nesta edición efervescente tamén presentamos aos gañadores  do concurso Inspiraciencia na categoría de microrelatos en galego. Velaquí está  programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/efer-244-11-5-13.mp3|titles=efer 244 (11-5-13)]

Descargar Efer 244 (11-5-13)