Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto

Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia.

Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns.

 

Tamén falamos de ciencia cidadá con José Viñas, profesor do IES David Buján. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Finalmente contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.

Efer 423 (28-1-18): Para que serven as patentes?

 

Tintinoloxía

Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.

 

Patentes

Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?

 

Ciencia no Parlamento

Andreu Climent preséntanos a iniciativa “Ciencia en el parlamento” que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido.

 

Signos astronómicos para persoas con xordeira

Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018.
Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos, tanto para xordos como oíntes, a tradución española do “Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Signos francés (LSF)

Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns

O noso encéfalo funciona con electricidade. Con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o “Centro Tecnolóxico de Formación” do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro. Cudeiro dirixe na actualidade o “Centro de Estimulación Cerebral non Invasiva de Galicia“. En que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E se se empregan en persoas sans como neuromellora?

 

Eloxio do Horizonte

Descubrimos o “Eloxio do horizonte” de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí si ten un sentido.

 

Que imos ter nos ceos en 2017? [Guía do Ceo]

Os nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, cóntannos que nos imos atopar nos ceos no 2017: planetas, eclipses e ata misións espaciais.

Guía do Ceo do verán 15

A nosa estreleira Irene Baspino coa colaboración de Martin Pawley agasállanos un ano mais cunha Guía do Ceo en papel para gozar a tope co firmamento estival. Un documento de iniciación á astronomía imprescindible na túa equipaxe das vacacións.

Guía do Ceo de Verán 2015 by qimvic