Guía do Ceo do verán 2020: Estrela Rosalía, Covid, Cometa,…

Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid.

Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival.

O-ceo-do-verán-EFERVESCIENCIA-2020_v3

Efer 485 (6-7-19): O reto de ensinar matemáticas

O graffiti ten a súa ciencia con @deborahciencia

(1:44) A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia

Carmen Burgués e Claudi Alsina, unha vida nas matemáticas

(20:10) Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA.


(31:47) Previa da Maker Faire Galicia con Iolanda Iglesias.

Guía do Ceo de Verán 2019

(39:27) A nosa tradicional Guía do Ceo radiofónica para non nos perder nada do que pase no ceo nocturno en todo o verán. Con Martin Pawley e Irene Baspino.

Efer 461 (16-1-19): Gala Ceos Galegos

Levamos os nosos micros á primeira Gala Ceos Galegos de astrofotografía en Castrelo de Miño. Ali coñecemos aos gañadores das diferentes modalidades do concurso: Fins Eirexas, Ángel Arós, Uxía Vales e Miguel Sánchez.

Cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley saberemos das efemérides históricas que habemos celebrar en 2019.
As tarxetas gráficas tamén serven para facer ciencia. Adrián Pérez da UDC vén de gañar o premio de investigadores menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

Efer 460 (9-1-19): Doenzas neurodexenerativas, Ultima Thule e a eclipse de de lúa

⇑⇑⇑ Presentámosvos a primeira “Guía do Ceo” do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro.
Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule.

 

As neurocientíficas “guerrilleiras” de Columbia NY [Versión estendida web]

Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.