Programa 132 (3-5-09): Seleccionados naturalmente

A Sociedade Galega de Ornitoloxía celebra os seus primeiros 10 anos poñendo en marcha o Noticiario Ornitoxeográfico Galego, unha aplicación web que fará as delecias dos afeccionados aos paxaros.

Temos o pracer de conversar sobre Darwin e evolución humana con Juan Luis Arsuaga, premio Príncipe de Asturias de Investigación 1997  e co-director das excavacións de Atapuerca.

Non sabemos se hai moitos programas de radio que teñan de colaborador un microbiólogo. Nós contamos co investigador do Programa Parga Pondal Esteban Fernández Moreira. Ao fío da expansión da gripe A (H1N1) dedicamos o seu Circo de Bacterias a coñecer un pouco mellor aos seres autoreplicantes mais pequenos, os virus. Aquí podes ver unha animación que da unha boa idea do tamaño dos virus.

Estas semana en Santiago podes tomar un café con Carl Sagan e o seu fantástico Cosmos grazas a unha iniciativa da Universidade de Santiago.

Programa 132 (3-5-09)

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.