Efer 477 (8-5-19): Desde Galiciencia que di a ciencia da crianza dos nenos

Programa con público desde o salón de actos de Tecnópole no marco da edición XIV da feira científica Galiciencia.
Con Ricardo Capilla (director xerente de Tecnópole), os profesores Camilo Ojea (CPI Mosteiro-Meis), Beatriz López (Compañía de María de Santiago) e María Malvesada (CPR Santiago Apostol de Soutomaior).
Tamén interveñen o actor Vicente Mohedano, a enxeñeira de minas experta en geotermia Lucía Novelle (Ingeo) e Óscar Chao Penabab do IES San Rosendo de Mondoñedo (profesor do equipo gañador da edición anterior).
Julio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos o seu libro “Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños” (Plataforma Editorial)

Saúdo dun Nóbel

Efer 438 (13-5-18): Especial Galiciencia

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia a Tecnópole (San Cibrán da Viñas) para coñecer de primeira man a edición número 13 da Feira Científica Galiciencia. Aproveitamos para conversar co investigador da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel, especialista en impacto do Cambio Climático e física atmosférica.
Contamos ademais con Sabela Bouzo, Antonio Gregorio, Ana Otero, Tino Álvarez, David Ballesteros, Iria Ollero e Kike Fontán.

Desde Londres… unha “Science Week” con acento galego

Por outra banda o noso correspondente en Londres, Juan Picos, achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha “Science Week” que fala en galego.