Xogar ao fútbol utilizando a cabeza

 

Para xogar ao fútbol hai que utilizar a cabeza. No sentido metafórico e literal. O fútbol é o único deporte no que se bate directamente coa testa no balón. Colámonos de novo no Galicia en Goles no descanso do Celta – Real Sociedad onde o neurocientífico Casto Rivadulla cóntanos por que os profesionais dan testarazos mais seguros cós afeccionados.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Galicia-en-Goles-Celta-R-Sociedad-12-4-14-testarazos-con-Casto-Rivadulla.mp3]

Galicia en Goles Celta- R Sociedad 12-4-14 testarazos con Casto Rivadulla

Coincidenca cósmica no Levante-Celta?

Na pasada xornada de liga o Celta enfrontouse ao Levante no Ciutat de Valencia. A Avoa de Einstein decatouse de que  Nolito e Andreas Ivanschitz estaban o mesmo día de aniversario – o 15 de outubro –  e que tamén Simão e Íñigo López sopran as velas o mesmo día – o 23 de xullo -.

Coincidencia cósmica? Menos mal que contamos co profesor de física da USC José Edelstein para desentrañar este aparente misterio. Todo isto aconteceu en directo na retransmisión do Levante-Celta no programa Galicia en Goles.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/03/Efer-Galicia-en-Goles-15-3-14.mp3]

Efer Galicia en Goles 15-3-14

Por qué os porteiros prefiren balóns con moitas costuras?

No descanso do Levante-Celta a @AvoaEinstein volveu a colarse en directo no Galicia en Goles. Desta volta intentou convencer ao  físico de cordas da USC  José  Edelstein de que era unha boa idea de negocio construír balóns de fútbol con hexágonos regulares tipo panel de mel , mágoa que as matemáticas digan outra cousa…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Efer-Levante-Celta-balóns-27-4-13.mp3]

Levante-Celta balóns 27-4-13

O cerebro non dá procesado o fóra de xogo (2-3-13)

A @AvoaEinstein volveuse a infiltar en directo no Galicia en Goles, esta vez  na retransmisión do enésimo partido do século Madrid-Barça. Desta volta a Avoa tiña dúbidas de por qué os xuíces de liña fallan os fóra de xogo se na televisión vese nidiamente. O neurofisiólogo Casto Rivadulla do grupo Neurocom da UDC explicounos que a clave reside en que o cerebro tarda alomenos 150 milisegundos en dar unha reposta a unha situación de fóra de xogo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-Madrid-Barcelona-2-3-13.mp3|titles=efer Madrid-Barcelona 2-3-13]

 Madrid-Barcelona  2-3-13 Fóra de xogo