Feb
5
2016
COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
Uxío Novoneyra
A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 6% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica?
Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián.

Xanzá (Foto: José L. M. Villa)
A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comentou un oínte é unha das favoritas do poeta Manuel María. En Galicia ten a particularidade de que é alaranxada en vez de amarela, por que?
Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.
.
.
:
Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente unha emisión de Efervesciencia estivo na orixe da idea …
.
Blanca Laffon, profesora de Psicolobiolxía da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores sénior.
Completa esta edición efervescente esta entrevista ao catedrático emérito de química inorgánica da USC Manolo Bermejo onde debulla para nós os 4 últimos elementos da táboa periódica.