Efer 235 (23-2-13): A pegada ecolóxica dun litro de leite

Non é o coñecemento, senón o acto da aprendizaxe o que concede o maior goce

Gauss

Feijoo coa ecocaixa de dobre uso

Feijoo coa ecocaixa de dobre uso

Supoñamos que somos un consumidor concienciado francés e temos a opción no supermercado de mercar tomates autóctonos ou españois. Cales teñen menos impacto expresado en emisión de CO2? A resposta correcta pode ser sorprendente se temos en conta todos os factores implicados. A Análise de Ciclo de Vida estuda os impactos dun produto desde o berce ata tumba, desde a orixe das súas materias primas ata a súa eliminación, pasando pola súa elaboración e uso que del fan os consumidores. O enxeñeiro químico Gumersindo Feijoo do Grupo de Enxeñería Ambiental e Bioprocesos da USC  leva anos aplicando esta metodoloxía. Feijoo contounos cal é a pegada de tomarse un par de cervexas vendo o fútbol, e exemplos propios de ecodeseño, como é unha caixa de botellas de viño convertible en niño de paxaros.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Entre-Sindo-Feijoo.mp3|titles=Entre Sindo Feijoo]

 Entrevista a Sindo Feijoo

Unha análise en marcha do Biogrupo ten que ver coa pegada ecolóxica dun litro de leite. Para coñecer a contribución á mesma do comportamento dos consumidores están a realizar unha enquisa a pe de máquinas expendedoras. Se queres colaborar podes participar aquí.

Novos módulos da Domus (Foto: =mc2 CC BY-SA 2.0)

Unha das disciplinas que mais avanzou nos últimos anos é a xenética. Estamos entrando na nova era da medicina á carta da man da farmacoxenética e farmacoxenómica. A Domus ven de estrear novos módulos que introducen – como sempre dun xeito lúdico – aos visitantes nesta ciencia de fronteira. Estes novos módulos xorden da colaboración dos Museos Científicos Coruñeses co programa Diana da Fundación Barrié.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/micro-barrie-domus-def.mp3]

Descargar Novos Módulos Domus

 

E tamén neste programa:

– A Guía do Ceo de febreiro-marzo

“Uns pican e outros non” en Ciencia por Andar por Casa

 

Velaquí tes o programa 235 íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Efer-235-23-2-13.mp3]

Efer 235 (23-2-13)

Efer 234 (9-2-13): Angelita e Angel

A inmortalidade é unha fantasía, un xeito de esquecer a realidade. O que importa mentres estamos aquí é a vida, a xente, abrazar ó amigos, vivir feliz e intentar cambiar o mundo

Óscar Niemeyer

A gran innovación dos soportes de lectura electrónica é que cun so dispositivo pódense ler infinitos contidos. Este concepto inventouno e patentouno hai 70 anos unha mestra ferrolá Ángela Ruíz Robles, Doña Angelita. A redactora da axencia SINC Eva Rodríguez lémbranos á xénese do libro mecánico e entrevista ao neto da inventora, Daniel González de la Rivera.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/SINC-ANGELA-RUIZ.mp3]

SINC Ángela Ruíz Robles

Anxela co prototipo do seu libro que actualmente pode verse no MUNCYT na Coruña

 

Para nós foi todo un privilexio poder contar nos estudios da Radio Galega en San Marcos cun dos meirandes investigadores galegos actuais: Ángel Carracedo. Carracedo é catedrático de medicina legal, director do grupo de Medicina Xenómica da USC e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Con el tivemos o gusto de conversar sobre xenética forense no que son líderes mundiais, da súa etapa en Uppsala como “primeiro” bolseiro Barrié, de farmacoxenética, do programa Diana, de educación, das bases de datos xenéticas e a súa privacidade, de bioética, e de patentabilidade das técnicas xenéticas. Aproveitamos ao máximo a xenerosidade do profesor Carracedo de concedernos o seu tempo.

A entrevista emitímola en antena en dúas partes:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-1.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-2.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 2

Para os que queirades escoitar a versión orixinal estendida da conversa con Angel Carracedo podédela escoitar aquí:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-EXTENDIDA.mp3]

Entrevista a Carracedo estendida

Ángel Carracedo con Marta Vila

 

David Ballesteros dános a solución aos experimento con ovos que formuláramos no anterior programa de Efervesciencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Solución-Ovos.mp3]

Descargar solución ovos

Ovo de prata de Andrea González

 

Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/EFER-234-9-2-13.mp3]

Descargar programa completo