Efer 234 (9-2-13): Angelita e Angel

A inmortalidade é unha fantasía, un xeito de esquecer a realidade. O que importa mentres estamos aquí é a vida, a xente, abrazar ó amigos, vivir feliz e intentar cambiar o mundo

Óscar Niemeyer

A gran innovación dos soportes de lectura electrónica é que cun so dispositivo pódense ler infinitos contidos. Este concepto inventouno e patentouno hai 70 anos unha mestra ferrolá Ángela Ruíz Robles, Doña Angelita. A redactora da axencia SINC Eva Rodríguez lémbranos á xénese do libro mecánico e entrevista ao neto da inventora, Daniel González de la Rivera.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/SINC-ANGELA-RUIZ.mp3]

SINC Ángela Ruíz Robles

Anxela co prototipo do seu libro que actualmente pode verse no MUNCYT na Coruña

 

Para nós foi todo un privilexio poder contar nos estudios da Radio Galega en San Marcos cun dos meirandes investigadores galegos actuais: Ángel Carracedo. Carracedo é catedrático de medicina legal, director do grupo de Medicina Xenómica da USC e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Con el tivemos o gusto de conversar sobre xenética forense no que son líderes mundiais, da súa etapa en Uppsala como “primeiro” bolseiro Barrié, de farmacoxenética, do programa Diana, de educación, das bases de datos xenéticas e a súa privacidade, de bioética, e de patentabilidade das técnicas xenéticas. Aproveitamos ao máximo a xenerosidade do profesor Carracedo de concedernos o seu tempo.

A entrevista emitímola en antena en dúas partes:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-1.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-2.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 2

Para os que queirades escoitar a versión orixinal estendida da conversa con Angel Carracedo podédela escoitar aquí:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-EXTENDIDA.mp3]

Entrevista a Carracedo estendida

Ángel Carracedo con Marta Vila

 

David Ballesteros dános a solución aos experimento con ovos que formuláramos no anterior programa de Efervesciencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Solución-Ovos.mp3]

Descargar solución ovos

Ovo de prata de Andrea González

 

Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/EFER-234-9-2-13.mp3]

Descargar programa completo

 

Un experimento de ovos

 

David Ballesteros propónnos tres sinxelos experimentos para facer en familia con ovos na casa: o ovo de prata, o ovo elástico e o ovo Houdini. Os materiais son moi sinxelos: unha vela,  vinagre,  almibre, unha botella de vidro, e por suposto ovos.

Mándanos unha foto (ou vídeo) do teu experimento antes do 8 de febreiro o noso facebook. A mellor achega gañará un agasallo efervescente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/BALLESTEROS-OVOS-DEF.mp3]

Ballesteros: Experimentos con ovos

Efer 233 (19-1-13): O retorno da lura xigante

Sempre suspiramos por visións de beleza, sempre soñamos mundos descoñecidos

Máximo Gorki

 

Lura xigante fotografada por Discovery Channel

A pasada semana soubemos que un equipo xaponés dirixido por Tsunemi Kubodera foi quen de filmar para Discovery Channel e por primeira vez na historia a unha lura xigante viva no seu medio. Beleza en estado puro no descoñecido mundo das profundidades abisais.

Conversamos co teutólogo Ángel Guerra,  Profesor de Investigación no CSIC-IIM, é un dos máximos especialistas mundiais no Architeuthis dux, a lura xigante. Unha viaxe fascinante ao incrible mundo dos cefalópodos e o seu rei indiscutible.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/entre-lura-xigante-def.mp3]

Entre lura xigante con Ánguel Guerra

Ánguel Guerra

 

En Galicia temos empresas que están deseñando o seus propios prototipos de turbinas para explotar as correntes mariñas, é o caso de Resolve Enerxía.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/INNOVANDO-RESOLVER-RENOVABLES-DEF.mp3]

Innovando Resolve Enerxía.

Nesta edición efervescente tamén coñecemos o incrible caso dun  rotífero que leva 80 millóns de anos sen sexo (1 e 2). Non podía ser noutro sitio que no Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/circo-rotíferos-def.mp3]

Circo de Bacterias Rotífero

Rotífero bdelloideo (Diego Fontaneto en Plos Biology, doi:10.1371/journal.pbio.0050099.g001)

 

Completa o programa un experimento de ovos. Podes escoitalo integramente aquí:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/efer-233-19-1-13.mp3]

Descarga o programa completo

 

Electrólise caseira

O noso colaborador David Ballesteros propoonnos un novo experiento para facer na casa. Trátase dunha electrólise. Colga no noso Facebook as fotos dos teus prototipos e contesta á seguinte pregunta: que gas se desprende se engadimos sal? Non o cheiras?

A mellor foto con explicación gañará, a escoller, entradas para o cine, un bono 20 dos Museos Científicos Coruñeses, ou un exemplar do libro “Los engaños de la mente” de Susana Martínez Conde editado por Destino. O prazo remata o 21 de xuño.

Escoita as instruccións de David

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/BALLESTEROS-ELECTROLISE.mp3]

Electrólise na casa