Efer 374 (4-12-16): Os inimigos da pedra

SAMSUNG CSC

Para os galegos a pedra por excelencia é o granito. Esta rocha é a base de todo o noso patrimonio construído e ten varios inimigos naturais: os sales, as bacterias, os fungos,… Conversamos con Benita Silva, coordinadora do Grupo de Estudios Medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC, que leva décadas aplicando coñecemento para protexer as nosas “pedras”. Cuestionarémonos se podemos saber como vai envellecer unha pedra de granito ou se está xustificada a limpeza da catedral de Santiago.

 

‘A burbulla da ciencia na tele pinchou’ conversa con @mimesacojea

SAMSUNG CSC

Conversamos con José Pérez Ledo sobre televisión, divulgación e escepticismo.

 

De Schiaparelli a “Escacharreli” con @Wicho

O noso espazotrastornado confeso Wicho de Microsiervos cóntanos o que hai atrás do accidente en Marte da sonda Schiapareli da ESA.

Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma

SAMSUNG CSC

Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie. Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron ao mesmo Darwin a falar del na súa sexta edición da “Orixe das Especies” (a noticia en Gciencia). Paulino Martínez do grupo Acuigen explícanos que o sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Pola súa banda, Antonio Figueras cóntanos o complicado que é traballar desde distintas institucións científicas.

Javier Pedreira Wicho tráenos as útlimas novas da misión ExoMars, preséntanos Naukas Coruña e anticípanos libro sobre os nativos dixitais (que non existen).

Realizamos un pequeno anticipo sonoro de Regueifas de Ciencia con José Miguel Mulet, José Luis Yela, Blanca Ruibal e Laura Sánchez Piñón.


A semana pasada anunciabamos en antena o inminente inicio dunha colaboración con GCiencia, o portal da ciencia galega. Desde hoxe os seguidores de GCiencia terán acceso directo aos contidos sonoros que imos xerando semana a semana en Efervesciencia. Como nos comentou Pablo López de GCiencia esta alianza “oxalá sirva para que moitos lectores de GCiencia cheguen a Efervesciencia e viceversa”. Nos coidamos que esta sinerxía vai conseguir rapidamente este obxectivo. Na súa intensa andaina GCiencia leva demostrando que o bo xornalismo da ciencia interesa ao público na nosa terra. Proba diso é o excelente posicionamento de GCiencia no ecosistema dixital galego.  É tamén moi salientable a reivindicación de GCiencia do papel central do xornalismo na comunicación da ciencia. Proba diso é o concurso “Contar a Ciencia“.  Desta unión de forzas, sen dúbida, os gañadores han ser os nosos oíntes e lectores.

Sin-título-4r