Efer 366 (14-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields

 

As matemáticas son arte de dar o mesmo nome a cousas diferentes (Poincaré)

O actual director do instituto Poincare é o matemático Cedric Villani que estivo esta semana en Compostela invitado polo programa Conciencia que dirixe Jorge Mira. Quizais o mais fascinante dos traballos de Cedric Villani sexa descubrir como o estudo de fenómenos físicos ideais logo teñen aplicacións en campos dispares e alonxados como é o caso da economía.

 

Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas

1. Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. Ela explícanos o nobel concedido a Yoshinori Ohsumi.

 

2. Certos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de “Spintrónica do Grafeno” do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane e Kosterlitz.

 

3. A nosa colaboradora e profesora de química da USC Rosa Pedrido debúllanos o premio nobel de química 2016 concedido a Stoddart, Sauvage e Feringa polo desenvolvemento das máquinas moleculares.

 

O oso cavernario sempre volve á cova de mamá

Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes da Universidade de Ferrara. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.

Efer 358 (5-6-16): Sexodiversidade

 

O comportamento sexual dos cabaliños do demo é tan fascinante que leva a investigadores como Adolfo Cordero – Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación – a viaxar por todo o mundo para estudalo. A guerra pola selección sexual non remata no coito, senón que despois poden pasar moitas cousas…

_SAMrew6720

… unha das cousas que poden pasar é que o macho empregue horas na cópula para limpar o esperma dos competidores. Precisamente a tese de doutoramento de Adolfo Cordero sobre o comportamento reprodutor e análise da selección sexual na libélula Ischnura graellsii serviu de inspiración para o relato “O ladrón de esperma” de Xavier Queipo, do que dramatizamos un pequeno fragmento.

 

Hai consenso en que este comportamento non se dá en humanos, malia que hai algún traballo científico que tratou de modelar literalmente esta posible circunstancia…

Sin-título-1

 

A meteoróloga Bea Hervella de 4gotas.com cóntanos o estraño caso do piloto que quedou atrapado nun cumulonimbo e outras curiosidades meteorolóxicas.

 

Avanzamos a vindeira “Regueifas de Ciencia” que vai ter lugar na Universidade de Santiago. Desta volta a pregunta do debate é “Débese cambiar o fuso horario en España?“. Defenden a posición favorable o economista José Mª Fernández Crehuet (ARHOE) e o político Francisco Jorquera (BNG), e están en contra os físicos Jorge Mira (USC) e José Mª Matín Olalla (Universidade de Sevilla).