Postal Planetaria: O cimiterio dos astrónomos

Tumba de Newton (Herry Lawford CC BY 2.0)

Todos somos po de estrelas, tamén os grandes astrónomos da historia. Nesta nova “Postal Planetaria” Borja Tosar repasa ás verbas gravadas en pedra que acompañan ás cinzas dos grandes das astronomía.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Postal Planetarios: Epitafios Astrónomos

Efer 256 (5-10-13): A conquista do Polo Sur

Loitar, buscar, atopar e non renderse xamais

Do “Ulises” de Alfred Tennyson

A foto mais tristeira da historia, Scott e os seus no Polo Sur

Unhas palabras que ben poden converterse nunha consigna para estes tempos. E que son xusto as mesmas verbas que se gravaron hai un século nunha cruz de pedra no chamado outeiro de observación, en Punta Hunt, na Antártida. Esa cruz de pedra sinala o lugar onde xacen conxelados os corpos do suboficial Evans, Wilson e o mítico capitán Scott.

Javier Cacho en Astrobiocos 2013

Da man de Javier Cacho reviviremos a epopea da conquista do Polo Sur. Cacho é físico, científico e escritor, e actualmente dirixe a Unidade de Cultura Científica do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial). O noso invitado é o autor de “Amudsen-Scot: Duelo en la Antártida” editado por Fórcola. Por outro lado, Javier Cacho sabe de primeira man o que é ter pasado un inverno na Antártida…

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Entrevista a Javier Cacho

 

Esta semana chamounos a atención unha tese de doutoramento lida hai uns meses na Universidade de Vigo na que se avalían os efectos dunha actividade física moi específica – a ximnasia hipopresiva – na incontinencia urinaria das mulleres adultas. Conversamos coa súa autora Tamara Rial, doutora en Ciencias da Actividade Física e Deporte.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Tamara Rial investigación incontinencia

 

O epitafio de Scott non son as únicas verbas fúnebres que escoitamos nesta edición efervescente. Borja Tosar cóntanos cales foron as palabras que lembran nas súas tumbas aos grandes astrónomos de todos os tempos . Velaquí podedes escoitar o programa comleto:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Descargar programa completo efer 256 (5-10-13)

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.