Efer 448 (17-10-18): Correspondentes no mundo do coñecemento: O SciComPt18

 

⇑⇑⇑  Desprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godinho (xefa de comunicación do CERN), Ricardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes.

 

A comunicación da ciencia en España, Portugal e Brasil [versión completa]

Tamén reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia).

 

A evolución no laboratorio recoñecida no Nobel de Quimica 18

Miguel Alcalde (ICP-CSIC) e Esteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a evolución dirixida de enzimas e anticorpos que merceu o premio Nobel de Química 2018.

 

 

 

Efer 255 (28-9-13): Catalizando talento

Sen catálise, a química sería como unha espada sen empuñadura, unha luz sen brillo, unha campá sen son

Alwyn Mittasch

Dentro do VII Programa marco de I+D da Unión Europea o Consello Europeo de Investigación (ERC), ten a misión de investir nas mellores ideas de Europa. O ERC busca os mellores entre os mellores. A ciencia mais rompedora e futurista. Na edición de 2013 só 8 proxectos españois liderados por investigadores seniors conseguiron financiamento de 144 concedidos en todo o continente. E témola sorte de conversar co único investigador galego que ten merecido unha destas selectas “advanced grants” do ERC: José Luis Mascareñas.

Mascareñas é catedrático de Química Orgánica na Universidade de Santiago e desenvolve as súas investigacións no CIQUS. No proxecto do ERC o noso invitado levará os seus catalizadores sintéticos ao interior de células vivas.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/entre-mascareñas-web.mp3|titles=entre mascareñas web]

Entrevista a Mascareñas

 

Eric Cornell con Jorge Mira en Fonseca

Para deseñar novas nanomáquinas e nova electrónica os enxeñeiros necesitan tocar e manipular os fenómenos cuánticos. Grazas ó descubrimento de Eric Cornell en 1995 dos condensados de Bose-Einsten a temperaturas ultrafrías isto xa é posible. Sazonamos esta edición efervescente con 3 cortes da rolda de prensa en Fonseca do Nobel de Física 2001 Eric Cornéll, que visitou Santiago este mes invitado polo programa ConCiencia da USC. As traducións en directo son Jorge Mira, o artífice do programa ConCiencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Cornel-1.mp3|titles=Cornel 1]

Cornell 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Cornel-2.mp3|titles=Cornel 2]

Cornell 2

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Cornel-3.mp3|titles=Cornel 3]

Cornell 3

 

Con este programa iniciamos a sétima tempada de Efervesciencia na Radio Galega. Outras doses de ciencia desta edición son a  “Historia dunha taza de váter” en Ciencia de Andar por Casa, e “Bacterias para estar delgado” no Circo de Bacterias. Velaquí podes escoitar e descargar o programa 255 completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/efer-255-28-9-13.mp3|titles=efer 255 (28-9-13)]

Descargar Efer 255 completo