Efer 237 (16-3-13): Economía ambiental

Toda frase breve acerca da economía é intrinsecamente falsa

Alfred Marshall

 

Vivenda bioclimatica de Sotavento (Ilustración Sotavento)

O desafío do cambio climático precisa de achegas desde todos os campos do saber, tanto desde as evidencias científicas, os avances tecnolóxicos, ou desde o eido da economía. Xavier Labandeira é catedrático de economía da Universidade de Vigo, especialista en economía enerxética e ambiental, e co-director Economics for Energy. Desde este grupo de investigación privado teñen estimado que no horizonte do 2030 se podería chegar a aforrar en España ata un 40% da factura enerxética. Pra iso sería deberíase levar a cabo medidas de eficiencia e aforro enerxético que suporían un custe neto practicamente neutro. Entre estas medidas propoñen a creación dun imposto temporal sobre os edificios ineficientes que incentivase as reformas dos mesmos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/entre-xavier-lavandeira-def.mp3]

Entrevista a  Xavier Labandeira

 

Proxecto Faros

Rosa Pedrido traenos a empresa innovadora con sede en Vigo Marexi Marine Technology. O seu director Joaquín Gracia preséntanos algúns dos seus proxectos, como o sistema de eliminación de anisakis a bordo, ou a súa participación no proxecto europeo FAROS de reducción e valorización de descartes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/Innovando-marexi-def.mp3]

Innovando Marexi

 

Foto tomada por Wicho antes de empezar a súa colaboración nos estudios da Coruña

Wicherías: Dícese das colaboracións do microsiervo Wicho en Efervesciencia nas que fala dos temas mais diversos. Como por exemplo as naves de avituallamento da ISS, os avances da Curiosity en Marte ou a irrupciñon das impresoras 3D.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/WICHERIAS-impresora-def.mp3]

Descargar Wicherias

 

Completan esta edición de Efervesciencia un Circo de Bacterias dedicado a uns intrigantes experimentos co lévedo da cervexa. Velaquí podes escoitar o programa íntegro:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/efer-237-16-3-13.mp3]

Programa 237

 

Programa 214 (30-6-12): O atún da empanada

Pode asegurarse que a pesca con cana é como a matemática, nunca se domina de todo

Izaak Walton

O presidente da Fundación Lonxanet Antonio Garcia Allut participou no cumio de Río+20 para facer chegar a voz dos pescadores artesanais.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/ENTRE-ALLUT-RIO.mp3]

Descargar Valoración Río+20

 

Que hai atrás dunha empanada de bonito? Conversamos coa oceanógrafa María José Juan Jordá, especialista na xestión de recursos mariños e investigadora de doutoramento no grupo de Recursos Mariños e Pesqueirías da Universidade da Coruña. Nun estudio publicado en PNAS desvelan que o as poboacións mundiais de atúns se reducíronse  no último medio século un 60%. Pero non todas as especies estan afectadas por igual.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/ENTRE-JUAN-JORDA-def.mp3]

Entrevista  Mª José Juan Jordá

Mª José Juan nos estudios da RG na Coruña

Falando de atúns non podemos deixar de mencionar o II Concurso  de Receitas con “Bonito de Burela” que organizan os nosos compañeiros do Come e Fala da Radio Galega.

En 2008 a Generalitat Catalana reduciu o límite de velocidade ós accesos da área metropolitana de Barcelona, en determinados días e horas, a tan so 80 quilómetros por hora. O principal motivo desta decisión foi mellorar a calidade ambiental do aire, e deste xeito minimizar as emisións de óxidos de nitróxeno e partículas contaminantes.

Os datos actuais reflicten unha importante diminución destes contaminantes no aire da cidade condal. Semella que a medida foi eficaz, ou non?

Preguntas como esta  ocuparon na Toxa esta semana a expertos de 14 países no “V Workshop Atlántico sobre Enerxía e Economía Ambiental” que organizou Economics for Energy, o grupo Rede da Universidade de Vigo e a Fundación Barrié. Efervesciencia estivo alí, e esta foi a reportaxe que fixemos.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/07/Workshop-Economía-Ambiental-TOXA.mp3]

Reportaxe V Workshop Economía Ambiental da Toxa

Completa esta edición de Efervesciencia unha reporaxe sobre a presentación do informe “A Ciencia en Galicia”.

Aquí abaixo tes o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/07/efer-214-30-6-12.mp3]

Descargar programa completo