Xuñ
28
2012
A facultade non é o vestiario dunha piscina
David Hilbert a propósito do nomeamento da primeira catedrática na súa universidade
Nos bosques o que simplemte semella un mundo en harmonía aparentemente estático, é en realidade un campo de batalla continuo cun enorme tráfico de información entre os seus combatentes no que participan multitude de exércitos e alianzas
A linguaxe dos Bosques
Sabías que “aínda que non queiran” as árbores cando son atacadas por insectos mandan información química ao aire en forma de cheiro sútil? Por que cheiran diferenten as fragas de carballos e os eucaliptais? Vén de se presentar en Vigo a curta documental “A linguaxe dos bosques” que forma parte do proxecto de comunicación social da ciencia do Ano internacional dos Bosques liderado pola delegación do CSIC en Galicia, coa colaboración da Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia, con financiamento da FECYT e apoio da Fundación Barrié.
Conversamos cos autores de “A linguaxe dos bosques”, os investigadores do grupo de Ecoloxía e Xenética de Resistencia ós Insectos en Piñeiros (GENESCOLPINES) , Luís Sampedro, (Centro de Investigación Forestal Lourizán – Xunta de Galicia), e Rafael Zas da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/ENTRE-SAMPEDRO-ZAS-DEF.mp3]
Entrevista a Luis Sampedro e Rafael Zas
David Ballesteros contounos a solución ao reto da electrólise caseira. Os gañadores foron Uxía García e Jorge Cordero.
[youtube g032MPrSjFA]
As veces semella que non avanzamos moito. Co video da campaña Science it´s girl thing da UE Sobran os comentarios.
Completa o programa a Guía do Ceo de Xuño. Podes escoitalo enteiro aquí.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/efer-213-23-6-12.mp3]