Efer 313 (1-2-15): Somos o que falamos

Para un científico, unha descrición en linguaxe chá representará un criterio do grao de comprensión alcanzado

Werner Heisenberg

O lojban é lóxico e non ambiguo, pero como serán os seus falantes? e os de klingon ou láadan?

É posible crear unha lingua precisa e sen ambigüidades? Como inflúe unha lingua nos seus falantes? Como se pode facer que os ordenadores entendan o que falamos? César Gónzalez constrúe linguaxes como o ConML que asisten aos investigadores en humanidades a xerar coñecemento. Gónzalez é investigador científico no INCIPIT-CSIC. Pola súa banda Isaac González ensina aos ordenadores a entender a túa lingua desde Cilenis, unha empresa spin-off da Universidade de Santiago.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Entre-Cesar-Gonzalez-e-Isaac-González-def.mp3|titles=Entre Cesar Gonzalez e Isaac González def]

Entrevista César Gonzalez e Isaac González

Falantes de kinglon co seu diccionario (Ali Eminov CC BY-NC 2.0)

.

Eva Rodríguez de SINC conversa con Francisco Jesús Ferreiro da USC sobre a súa análise do rendemento académico no premio extraordinario da ESO. As rapaces galegas sacan máis sobresalientes, pero non levan os premios. E tamén hai outros datos interesantes…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Sinc-Educación-e-xénero-def.mp3]

Sinc Educación e Xénero

.

A Fist Lego League volve celebrarse en Galicia grazas á iniciativa da Universidade da Coruña. A competición terá lugar no Campus de Esteiro en Ferrol o 28 de febreiro. José Antonio Becerra do Grupo Integrado de Enxeñería da UDC cóntanos os detalles, e nos presenta o proxecto europeo H202o DREAMS.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/FIRST-LEGO-LEAGUE-def.mp3]

FIRST LEGO LEAGUE con José Antonio Becerra

Velaquí tes o programa completo para compartir, descargar, escoitar, agasallar, difundir,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/02/Efer-313-1-2-15.mp3]

Efer 313 (1-2-15)

 

XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Desde a fabricación artesanal dunha zanfona ata as impresoras 3D, pasando por experiencias de iniciación á robótica en educación infantil.  Asistimos ás XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia organizadas pola Asociación  do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA).

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/APETEGA-VIGO-13-DEF1.mp3]

Descarga audio Xornadas de Tecnoloxía

[pe2-gallery album=”http://picasaweb.google.com/data/feed/base/user/102483217841843822552/albumid/5896823452289352705?alt=rss&hl=en_US&kind=photo” ]

 

 

Programa 220 (13-10-12): A UDC e a empresa

Coñecer e non actuar, aínda non é coñecer

Wang Yang-Ming

Exposición "A Universidade coa empresa"

Exoesqueletos, realidade virtual contra o párkinson, sistemas de lecto-escritura para nenos con dificultades de aprendizaxe… estas son algunhas das investigacións realizadas polos grupos da Universidade da Coruña. Durante todo este mes a UDC amosa no ciclo “A universidade coa empresa” todas as súas sinerxías e potencialidades co mundo empresarial. Para coñecer “in situ” esta iniciativa emitimos Efervesciencia desde a sede da Fundación Barrié na Coruña, a moi poucos metros dunhas ducias de monólitos chantados ao carón do Obelisco.

Con Ricardo Cao, Javier Cuadrado, Óscar López e Silvia López

 Acompañáronnos neste programa especial Javier Cuadrado (Laboratorio de Enxeñería Mecánica), Óscar López (Bilega), Silvia López ( Grupo de “Prevención e intervención nas dificultades de aprendizaxe dos nenos desde a escola e a familia“), Casto Rivadulla (NeuroCOM), Juan Luis Montero Fenollós (Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio) e Ricardo Cao (Vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC). Este último viviu unha curiosa experiencia extracorpórea en directo.

Por outro lado, Eva Rodríguez de SINC presentounos á investigadora da Unidade de Toxicoloxía da UDC Blanca Laffon.  Este grupo ven de publicar  no Journal of Toxicology and Environmental Health un estudio no que someten a ratas as vapores do fuel do Prestige. O resultado: danos no ADN e no sistema respiratorio semellantes aos que se supoñían en humanos, e que son comparables aos que presentan as persoas que vive en cidades moi contaminadadas.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/SINC-Laffon-Prestige-1.mp3]

SINC Blanca Laffon

 

Velaquí o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Efer-220-13-10-121.mp3]

Descargar programa enteiro