Efer 339 (24-1-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula

 

Os seres humanos percibimos olfacto desde un punto de vista estético, como un sentido que é quen de provocar pensamentos e recordos duradeiros. O olfacto, pola contra, é un sentido primordial que permite aos organismos detectar alimentos, depredadores e compañeiros.

Richard Axel

Montenegro nos nosos estudio

Montenegro nos nosos estudios con César Goldi

Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300 números.

Entrar e saír da célula non é fácil. Cómpre atravesar a membrana celular, e para iso as substancias teñen que ter os papeis en regra. O complicado que polo de agora non sabemos moi ben en que consiste. Por exemplo, os péptidos poden ser moi útiles para transportar substancias no interior da célula. Sabemos sintetizalos pero non predicir se van ser quen de atravesar a membrana.

Javier Montenegro investigador Ramón y Cajal do CIQUS vén de gañar un prestixiosa bolsa Starting Grant do European Research Council. Montenegro vai sintetizar novos péptidos coa fin de coñecer os diferentes patróns químicos que deben incorporar estas moléculas para poder penetrar na célula. A idea é empregar un modelo olfactivo para integrar todo o coñecemento que se adquira ao longo destes 5 anos cun 1,5 millóns de euros de financiamento. E deste xeito poder construír modelos predictivos que sabendo a estrutura dun péptido “cheiren” se van poder pasar o control de pasaportes de entrada á célula.

Portada de J. Montenegro e Bea Pérez

Portada de J. Montenegro e Bea Pérez

Javier Montenegro contounos como deseñou esta portada de “Accounts of chemical research” xuntamente coa artista Beatriz Pérez. Esta é a entrevista completa:

 

 

2DbsFI4

Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundación Ramón Domínguez fundaron a empresa de base tecnolóxica QuBioTech. Agora veñen de gañar o premio de transferencia tecnolóxica 2015 da Real Academia Galega de Ciencias co produto IQ-Brain que en nada entrará na súa fase de comercialización. Conversamos con Jesús Silva e Daniel Fernández, coordinador de I+D e xerente respectivamente de QuBioTech.

 

 

Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así. Esta é a peza favorita de Gaspar e estoutra a de David.

 

Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de “Non toques os meus círculos” por parte da compañía de teatro Artello.

unnamed

 

O azul piruleta non engana

Xa estamos ultimando a estrea da nova tempada efevescente. Mentres botádelle un ollo a este experimento do último capitulo de “Éche así“. Cunha piruleta azul podedes testar quen é extremadamente sensible aos sabores fortes.

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.