Efer 442 (10-6-18): Poña un cronobiólogo na súa vida

Os actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar.

Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía está a facerse oco na sociedade actual. Nesta edición efervescente conversamos sobre cronobioloxía e contaminación luminosa con Emilio Sánchez Barceló, catedrático da fisioloxía humana da Universidade de Cantabria e autor do libro: “Hicimos la luz… y perdimos la noche“.

 

César Muñoz Fontela, virólogo do Instituto de Medicina Tropical de Hamburgo, viaxa ao rio Congo para axudar no plan de contención do novo brote de Ébola.

 

Manual de Linternas” editado por Marta Magariños dá pistas de lectura de divulgación científica a través de 51 recensións. Dous dos autores destas recensións son o investigador Manuel Collado e o médico Borja Merino.

Como contido extra velaquí tes íntegra a presentación de “Manual de Linternas” na libraría Númax de Santiago de Compostela.

 

A actual convocatoria do programa Principia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia permitirá a contratación de 110 tecnólogos mozos para a realización de actividades de I+D+i.

Coñecemos a experiencia de Cayetana García e Paula Simón en CZVeterinaria.

Efer 380 (15-1-17): Os inventos máis enxeñosos e baratos

As revolucións da papelfugadora

f1

A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.

 

Unha cafeteira Nespresso,tecnlxía punta para investigar solos

Cunha filosofía semellante un equipo da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €. Conversamos con Frances Esteve.

 

Poñer cancelas aos ríos. Inundacións con Jerónimo Puertas.

Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental “Esquece Monelos“, cóntanos como unha cidade pode engulir un río.

 

A vacina do Ébola é eficaz. Agora quen a fabrica?

A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vacina a partires de agora?

Efer 297 (12-10-14): Ébola

Un virus é un anaco de ácido nucleico rodeado de malas novas

Peter Medawar

© Visual Science (Visto en agenciasinc.es)

O virus do Ébola non é un descoñecido para varios grupos de investigación que levan anos estudándoo. E aquí dáse un dobre paradoxo. Os científicos descoñecen como interaciona o virus no corpo porque ata agora, en 40 anos, déronse realmente poucos casos de ébola, aínda que a maioría mortais. O actual andazo vai ser a ocasión para conseguir datos que lles poidan levar a atopar un remedio.

A outra contradición desta doenza é que estes grupos de investigación ata agora tiñan bastante complicado obter financiamento abondo para levar a bo porto as súas pescudas.

Nesta edición Efervescente coñeceremos a  César Muñoz Fontela, un destes científicos que levan anos traballando en Ébola

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/Cesar-Muñoz-Fontela-parte-1.mp3|titles=Cesar Muñoz Fontela parte 1]

Cesar Muñoz Fontela parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/Cesar-Muñoz-Fontela-parte-2.mp3]

Cesar Muñoz Fontela parte 2

César Muñoz-Fontela

 

Levamos os nosos micros ao VII Congreso de Agapema, a Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática.

Pedro Alegría facendo maxía e matemáticas (Foto @efegago)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/agapema-1.mp3]

Agapema 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/agapema-2.mp3]

Agapema 2

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/agapema-3.mp3]

Agapema 3

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/agapema-4.mp3]

Agapema 4

:

Infografía sobre os leds azuis de nobleprize.org

 

O catedrático de Óptica da Universidae de Vigo Humberto Michenel explícanos os nóbeles de física e química 2014.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/Nóbeles-michenel-def.mp3]

Nóbeles de física e química por H. Michenel

:

E velaquí tes o programa empaquetado completo, listo para compartir e escoitar.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/efer-297-12-10-14.mp3]

efer 297 (12-10-14)