Programa 130 (19-4-09): Día do científico galego

Non sempre houbo a mesma proporción de osíxeno na atmosfera. Se viaxasemos no tempo ata época dos dinosauros en cada inspiración introduciriamos nos nosos pulmóns a metade de osíxeno do que o facemos hoxe. E logo como é que respiraban estes incribles bichos?

Na sección aleatoria imos adiantarnos ó segundo “Día do Científico Galego”.  A Real Academia Galega de Ciencias organiza por segunda ocasión esta efeméride, co que a comunidade científica galega quere homenaxear ás súas figuras máis destacadas. A primeira edición desta conmemoración lembrou ó matemático Enrique Vidal Abascal. O protagonista do vindeiro 23 de abril vai ser nesta ocasión o pai da xeoloxía galega Isidro Parga Pondal.

Parga Pondal nun laboratoiro da Facultade de Ciencias da USC

Pondal de traballo de campo en Mina Sonia, na Mariña Lucense (bautizada co nome da súa neta). Ano 1963.

Grazas á visualización avanzada podemos ver con todo detalle imaxes tridimensionais de cousas que aínda non existen – un edificio, un aeroporto,…- e doutras que xa son historia – a catedral de Santiago no século XIII-. Conversamos con Luís Hernández, director do grupo Videalab da Universidade da Coruña.

A fonte encantada

William Thomson, Lord Kelvin, é un dos pais da termodinámica. Se hoxe temos neveiras e conxeladores é debido ao un efecto que el descubriu, o efecto Joule-Thomson. No que non era moi certeiro este gran físico do XIX era nas súas previsións. Lord Kelvin é o protagonista de Entrevistas no Alén, a xenial sección de Cesar Goldi.

Lord Kelvin

Programa 130 (19-4-09)