Efer 447 (10-10-18) Noite Efervescente desde Guitiriz

 

⇑⇑⇑ Así transcorreu a VI Noite Efervescente que tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz coa presenza dos amigos de AMIPA e ASPABER e a inestimable colaboración dos nosos estreleiros Borja Tosar e Martin Pawley. Tivemos de anfitrioa á Regina Polín, alcaldesa de Guitiriz.

 

Fotóns sen fronteiras

Salvador Bará, profesor de óptica na USC, investiga na medición da contaminación luminosa. As imaxes por satélite revelan que a contaminación luminosa non sabe de fronteiras administrativas. Un lugar como Guitiriz, por exemplo, recibe a meirande parte de contaminación luminosa dos concellos limítrofes.

 

Pinzas ópticas, láseres e o Nobel de Física

Maite Flores, profesora de física da USC, debúllanos o Nobel 2018 de física dedicado ás pinzas ópticas e os láseres de pulsos ultracurtos e de alta intensidade.

 

Efer 310 (11-1-15): Ciencia cidadá e té para a diarrea

Un dos maiores recursos que temos na loita contra a pobreza e as enfermidades é a forza do noso intelecto

Bill Gates

Fermín Serrano

Grazas á ciencia cidadá todos podemos botar unha man aos científicos profesionais nas súas investigacións. Un xeito é compartir a capacidade computacional dos nosos ordenadores, outro é prestarlles o noso cerebro por uns momentos para resolver sinxelos problemas: detectar manchas solares, identificar células estragadas, unir palabras,… É moi sinxelo e máis práctico á sociedade que resolver sudokus.  Entrevistamos a Fermin Serrano, investigador do BIFI e director da Fundación Ibercivis. Escolle o teu experimento, aínda non descargaches a súa aplicación móbil?

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Entre-Fermín-Serrano-def.mp3]

Entrevista a Fermín Serrano

Detectando machas solares con "Sol4All"

 

Investigadoras do grupo "Citoesqueleto celular e transducción de sinais"

Axúdanos a demostrar como un té prevén diarreas producidas por bacterias? Este é o chamamento que fai o grupo de investigación de Narcisa Martínez Quiles do departamento de microbioloxía da Universidade Complutense de Madrid a través da plataforma de micromecenado Precipita.es. O obxectivo é aplicar o coñecemento deste grupo de investigación para loitar contra as diarreas que se estima causan un millón de mortes de nenos ao ano, unha investigación que debería ter a oportunidade de realizarse. Precipita é unha iniciativa da FECYT que ten xerado un interesante debate.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Entre-te-diarrea-def.mp3]

Entrevista a Narcisa Martínez

José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos (Foto RAGC)

Un tratamento para o ictus con células nai e un traballo sobre teoría de cordas son os gañadores do Premio de Investigación 2014 “Ernesto Viéitez” da Real Academia Galega de Ciencias. Conversamos con José Castillo do IDIS, e con Iago Bea Besada investigador de doutoramento do departamento de Física de Partículas da USC, galardoado co Premio Promoción de Novos Investigadores.

Premio RAGC 2014

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Premio-RAGC-2014-def.mp3|titles=Premio RAGC 2014 def]

 

O coñecemento dos nosos centros de investigación tamén pode ser posto ó servizo da cooperación ó desenvolvemento. Este é o caso do proxecto I-Coop H2O do CSIC “Estudio integral da Bahía Magdalena” coordinado por Juan Santos, doutor contratado no Instituto de Investigación Mariñas-CSIC de Vigo. A Bahía de Magdalena (Baja California, México) é un dos santuarios da balea Gris. O problema é que as poboacións da zona desértica verten á Bahía sen depurar.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Entre-Juan-Santos.mp3]

Juan Santos “Bahía de Magdalena”

Velaquí tes o programa completo ao teu dispor para escoitar, descargar, compartir,…

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/01/Efer-310-11-1-15.mp3]

Efer 310 (11-1-15)