Efer 442 (10-6-18): Poña un cronobiólogo na súa vida

Os actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar.

Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía está a facerse oco na sociedade actual. Nesta edición efervescente conversamos sobre cronobioloxía e contaminación luminosa con Emilio Sánchez Barceló, catedrático da fisioloxía humana da Universidade de Cantabria e autor do libro: “Hicimos la luz… y perdimos la noche“.

 

César Muñoz Fontela, virólogo do Instituto de Medicina Tropical de Hamburgo, viaxa ao rio Congo para axudar no plan de contención do novo brote de Ébola.

 

Manual de Linternas” editado por Marta Magariños dá pistas de lectura de divulgación científica a través de 51 recensións. Dous dos autores destas recensións son o investigador Manuel Collado e o médico Borja Merino.

Como contido extra velaquí tes íntegra a presentación de “Manual de Linternas” na libraría Númax de Santiago de Compostela.

 

A actual convocatoria do programa Principia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia permitirá a contratación de 110 tecnólogos mozos para a realización de actividades de I+D+i.

Coñecemos a experiencia de Cayetana García e Paula Simón en CZVeterinaria.

Efer 350 (10-4-15): Na busca da orixe da vida

SAMSUNG CSC

Un ser vivo é un sistema químico auto-mantido que evoluciona como consecuencia da súa interacción co medio

Centro de Astrobioloxía NASA

As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de “lasaña” prebiótica. Conversamos a fondo nos nosos estudos co bioquímico Carlos Briones do Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta aproveitando a súa recente visita a Galicia. Briones vén de publicar “Orígenes: El universo, la vida, los humanos“. Por certo, Luca vive no segundo andar…

 

Retomamos a nosa Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Deste volta abordamos as novidades sobre contaminación luminosa en Galicia dos últimos meses.

 

A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de níquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambiental e sanitaria.