Reto efervescente: Gaña unha estadía na Casa da Igrexa

Este texto de Henrique Neira é o gañador do certame  Inspiraciencia  na categoría de microrelatos en galego.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/UCHRONIA-LABS.mp3]

Descarga UCHRONIA LABS

Es quen de identificar todos os científicos que aparecen neste microrelato? Escríbenos a efervesciencia(arroba)radiogalega.es coa túa lista indicando nome e apelido dos científicos que recoñezas. Por exemplo, cando se nomea a “Albert” a resposta correcta é “Albert Einstein”. A persoa que consiga identificar mais científicos antes do 17 de maio gañará un bono agasallo dunha noite en habitación dobre con almorzo incluído na casa de turismo rural Casa da Igrexa de Arzúa.

Iremos colgando aquí o ranking dos concursantes con maiores acertos. En caso de empate efectuaremos un sorteo pra dirimir o afortunado ou afortunada.

Por certo, na versión que fixemos de “Uchronía Labs” cometemos unha errata, se a atopas sumarémoslle 3 puntos os científicos que atopes na túa lista.

Por último, queremos agradecer a Henrique Neira que nos permitise empregar a súa obra para este concurso.

Bono Casa da Igrexa

Programa 205 (28-4-12): O MUNCYT ábrese á sociedade

Se vas atrás dos cartos, o diñeiro fuxirá de ti, pero se vas atrás da excelencia serán o cartos os que te persigan

Eiichi Negishi

A semana pasada estivo en Santiago invitado polo programa Conciencia o nobel de química 2010 Eiichi Negishi. Preguntado na rolda de prensa por qué non patentou a súa reacción catalítica, contestou con ironía que “prefiro gañar o premio nobel a chegar a rico”.

O vindeiro venres 4 de maio terá lugar a inauguración oficial da sede central do MUNCYT na Coruña. Conversamos co seu director, Ramón Núñez, para coñecer as “tripas” do novo museo. Ramón Nuñez acompañounos nos fitos de Efervesciencia, no programa 1, no 100 e agora neste.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/04/Entrevista-Moncho-Núñez-28-4-12.mp3]

Entrevista a Moncho Núñez

 

Vimos de coñecer os gañadores de Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica que organiza o Consello Superior de Investigacións Científicas  (CSIC) e que nesta súa segunda convocatoria admitiu como novidade  obras en galego. Trátase dunha iniciativa da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Cataluña e do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona, que conta co patrocinio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT.

Na categoría de relatos curtos en lingua galega o gañador foi Martín Pérez coa obra “Crecer”, e en microrelatos alzouse co premio Henrique Neira. Estas son as súas impresións.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-Martín-Pérez-e-Henrique-Neira-Inspiraciencia.mp3|titles=Entrevista a Martín Pérez e Henrique Neira ]

Descargar entrevista a Martín Pérez e Henrique Neira

Velaquí podes escoitar a nosa versión de “Crecer” de Martín Pérez

Crecer [audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Crecer-1-de-Martín-Pérez.mp3|titles=Crecer 1 de Martín Pérez]

“Crecer” parte I

 

Nacer, crecer[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Crecer-2-de-Martín-Pérez.mp3|titles=Crecer 2 de Martín Pérez]

“Crecer” parte II

 

Nacer, crecer,reproducirse[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Crecer-3-de-Martín-Pérez.mp3|titles=Crecer 3 de Martín Pérez]

“Crecer” parte III

 

Nacer, crecer, reproducirse e morrer [audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Crecer-4-de-Martín-Pérez.mp3|titles=Crecer 4 de Martín Pérez]

“Crecer” parte IV

 

O microrelato de Henrique Neira pódelo escoitar aquí.

Para escoitar este programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Efer-205-28-4-12.mp3]

Descarga o programa 205 enteiro

Programa 105 (19-10-08): Historia ecolóxica dos últimos 10.000 anos

As novas da semana teñen como protagonistas os vermes. Por un lado as lombrigas inglesas, e por outro ás rítmicas deposicións do C elegans.

[youtube wnyti0rOabU nolink]

Caenorhabditis elegans caga a ritmos regulares de 45 segundos.

Por outro lado o programa Initia promovido pola Sección Ibérica da Sociedade Científica Sigma Xi ven de conseguir unha mención de honra na modalidade de Ciencia e Tecnoloxía no concurso internacional Ciencia en Acción.

Paisaxes que agora nos  parecen naturais en realidade foron producidos pola acción do home. A investigación sobre como era a terra no pasado pode facer que gañemos perspectiva á hora de prepararnos para o futuro.

Cianobacterias

Co catedrático de edafoloxía da USC Antonio Martínez Cortizas conversamos sobre a pegada dos noso antecesores no ambiente, a influencia dos cambios climáticos nas civilizacións, a como ler o clima nas turbeiras… en definitiva, sobre a historia ecolóxica dos últimos 10.000 anos.

Antonio Martinez Cortizas
Antonio Martínez Cortizas

Innovamos con Drogas Vigo, facemos un concurso e buscamos investigadores en ciencias da terra arrichados que queiran participar nun café científico.

Programa 105 (19-10-08)

Programa 104 (12-10-08): Teoría de xogos

O profesor da Universidade de Vigo Pío González preséntanos o concurso de relatos breves científicos “Ciencia que conta“. Poden participar escolares e público xeral. O prazo para enviar os relatos – de ata 1000 palabras – remata o 30 de outubro.

Dámoslle un pequeno repaso aos premios nobel de ciencias deste ano.

Ignacio García Jurado é catedrático de estatística e investigación de operacións na USC. Na entrevista falamos da orixe militar da investigación de operacións, da teoría de xogos e da ferramenta que crearon para optimizar as colleitadoras da cooperativa “Os Irmandiños” de Ribadeo. Ademais descubrimos a súa faceta como novelista.

Ignacio Garcia Jurado

Ignacio García Jurado

En Entrevistas no Alén o gran César Goldi tráenos o primeiro gran constructor de microscopios Anton Van Leeuwenhoek.

En setembro empezaron a circular, aínda que sen colidir, os primeiros feixes de protóns no maior acelerador de partículas do mundo, o LHC do CERN en Xenebra. Actualmente os técnicos están reparando a avaría dos imáns nos sectores 3 e 4 que se produciu xusto o última día da visita da Radio Galega ó Cern. Coidase que no verán se volva poñer en marcha o acelerador.

E velaquí vai a pregunta do noso concurso, inflúelle a lúa ó LHC, o gran colisionador de hadróns?

Posibilidades

1.- Si, a lúa fai que o perímetro do LHC dilate un 1 mm.

2.- Si, non inflúe directamente no acelerador nin nas partículas pero si no estado de ánimo dos controladores, e por iso non se van inxectar partículas as noites de lúa chea.

3.- A lúa non inflúe en absoluto no LHC

Programa 104 (12-10-08)