Concurso de #tuinguels

tuinguels4

Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta en melodía identificativa (jingle) de Efervesciencia. Envía ata o 12 de outubro o teu tweet co hashtag #tuinguel e citando @efervesciencia, como por exemplo:

 

sin-titulo-1

 

 

Bases do concurso de “Tuingels” de Efervesciencia: Tweet+jingle

  1. O obxecto do concurso é buscar letras para crear dous “jingles” (Peza vocal identificativa) para o programa Efervesciencia. Efervesciencia é un programa de divulgación científica que se emite na Radio Galega financiado pola FECYT e producido pola USC.
  2. Para participar cómpre enviar un chío (tweet) en galego co hashtag #tuinguel e texto do jingle que debe conter obrigatoriamente o nome do programa. Por exemplo: “#tuinguel @efervesciencia doses de ciencia sen contraindicacións”.
  3. O prazo de envío é ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Non hai restrición no número de chíos (tweets) que pode enviar cada participante.
  4. Un xurado composto polo director de Efervesciencia Manuel Vicente, o compositor Manuel Riveiro e o director do coro Encaixe Manuel Abraldes escollera os dous tuinguels gañadores. Valorarase a concisión, contundencia e orixinalidade das propostas e a identificación do programa coa cultura científica e valores da ciencia. Estes premios poderán quedar desertos.
  5. Os dous tuinguels gañadores serán musicados polo compositor Manuel Riveiro. O compositor poderá facer modificacións sobre o texto encamiñadas a unha mellor adecuación da música.
  6. Os jingles compostos por Manuel Riveiro coa letras dos gañadores do concurso serán interpretados e gravados polo coro “Encaixe” para o seu uso no programa de divulgación científica “Efervesciencia”. Os autores ceden dereito de adaptación, interpretación, gravación e execución dos seus textos ao programa Efervesciencia.
  7. Os gañadores do concurso recibirán como premio un lote de libros de divulgación científica. Entre todos os participantes sortearase unha estadía de fin de semana con almorzo incluído para dúas persoas na Casa de Turismo Rural “Casa da Igrexa”. Por outro lado o tuinguel mais retuiteado gañará un “Bono 20” para acceder aos Museos Científicos Coruñeses.
  8. Calquera aspecto non contemplado nesta normativa pode ser adoptado pola organización.

 

Atopa os 5 erros deste microrelato e participa na Noite Efervescente

Este mircrorelato de Henrique Neira resultou finalista da edición 2013 de Inspiraciencia. Nel introducimos deliberadamente 5 erros. Es quen de atopalo? Escríbenos a efervesciencia(aquí vai a arroba)radiogalega.es coas túa respostas antes do 22 de maio.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/a-galleta-de-manoliño-def.mp3]

Descargar microrelato

Gañará quen atope mais erratas, no caso de empate farase un sorteo.

O premio é unha estadía dunha noite con almorzo para 6 persoas nun apartamento do albergue Os Biocos en San Xoán de Río (Ourense) para participar na festa da astronomía para todos Noite Efervescente o sábado 15 de xuño. Se queres participar no concurso e non desexas asistir á Noite Efervescente podes escoller como premio alternativo levar un libro de divulgación.

(En caso de que por causas meteorolóxicas se pospoña a Noite Efervescente se poderá gozar do premio noutra data anterior ao 15 de setembro de 2013, sempre que haxa dispoñibilidade no albergue. Nestas circunstancias os gañadores se lles ofrecerá desde o albergue dos Biocos unha sesión guiada de observación astronómica)

Guía do Ceo de Febreiro-Marzo: Astrofotografía I

 

O cometa PANSTARRS fotografado polo astrónomo amateur Terry Lovejoy en Australia

Nesta edición da Guía do Ceo, ademais  de falar do cometa Panstarr, contamos como invitado especial a Óscar Blanco que nos conta como iniciarse na astrofotografía. Cos trucos de Óscar anímate a mandar a túa primeira foto do ceo ao noso facebook, a mellor foto levará un agasallo efervescente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/guía-do-ceo-febreiro-13.mp3]

Guía do Ceo Febreiro-Marzo 13

 

Velaquí amosamos algúns magníficos exemplos de traballos de Óscar Blanco:

Localización Australia (Óscar Blanco)

 

Localización Australia (Óscar Blanco)

Localización Guitiriz (Óscar Blanco)

Localización A Veiga (Óscar Blanco)

Localización A Veiga (Óscar Blanco)

Localización A Viega, Vïa Láctea e meteoro (Óscar Blanco)

Programa 221 (20-10-12): As incribles miñocas da Atlántida

Se un artesán estivese certo de soñar por espazo de 12 horas que é rei, coido que sería case tan feliz coma un rei que soñase 12 horas que é artesán

Blaise Pascal

Speleonectes atlantida (Foto Ulrike Strecker, www.naturalanza.com)

Coa maxia da radio convertémonos por uns minutos en espeleólogos submarinos no túnel da Atlántida acompañados polo biólogo mariño Alejandro Martínez. Alejandro e o seu equipo penetran en covas virxes asolagadas para recoller miñocas e outros bichos, seres incribles que pasarían todos os castings nunha película de ciencia ficción. Na Universidade de Copenhague este investigador galego-canario analiza xeneticamente as súas mostras para reconstruír a historia evolutiva de tan fascinantes animais.

Entrevista a Alejandro Martínez

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Entre-Alejandro-Martinez-def1.mp3]

Alejandro Martínez (dereita) cun espeleomergullador do seu equipo

A nova da semana lévanos ó museo Cosmo Caixa de Madrid onde a fin de semana pasada celebrouse a final da XII edición do Concurso “Ciencia en Acción”. Neste concurso para escolares e divulgadores de España, Portugal e Iberoamérica o IES de Ames mereceu unha mención de honor na modalidade “Adopta unha estrela: fala de astronomía” co traballo pluridisciplinar “Co A de Ames, co A de astronomía e co A de ágora”.

E non foi este o único recoñecemento galego neste certame. As escolas infantís municipais coruñesas Carricanta, Os Cativos e Monte Alto, xunto co Centro Integrado de FP Anxel Casal, tamén da Coruña veñen de gañar o “Ciencia en acción” na modalidade de Ciencia e Tecnoloxía. Conversamos con Montse Sancho.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Intro-MONTSE-SANCHO.mp3]

Entrevista a Montse Sancho

[youtube sPjv1uFwgtI?]

O importante das viaxes moitas veces non é chegar ó destino, senón a viaxe en si. Iso ben o saben os nosos estreleiros, Óscar Sánchez e Irene Baspino, o importante non é saber moito de todo o ceo nocturno, senón gozar da paisaxe, da compañía, do que cada quen vai descubrindo cada noite. Nesta guía do ceo do mes de outubro-novembro falamos de Alfa Centauri Bb , das oriónidas e leónidas e de como se presenta a tempada astronómica, xa que no 2013 teremos un par de cometas interesantes. Tamén comentamos a recontrución da traxectoria do bólido diurno que cruzou os ceo galegos o pasado 9 de agosto ás 21:37  que fixeron os investigadores Ángel Docobo e Pedro Campo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/guía-do-ceo-outubro-12-def1.mp3]

Guía do Ceo de Outubro-novembro

Simulación do momento no que o bólido parte en dous (Fonte USC)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/11/Efer-221-20-10-12.mp3]

Descargar programa completo