Efer 429 (11-3-18): Océanos con futuro

A única axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea. Visitamos o seu “Future Oceans Lab” na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro.

 

Muller e Ciencia

https://youtu.be/JQR6azzIX6g

Joana Magalhaes fálanos da política de xénero “Human Brain Porject” da Unión Europea. Velaquí un par de lecturas recomendadas: Why we need to put women on research teams e How to tackle the childcare–conference conundrum

 

Banda Deseñada

En “Cambio de Fase” Daniel Pizarro preséntanos o cómic “El misterio del mundo cuántico“.

 

Cinema e Ciencia

Coñecemos os míticos “Vortex Concerts” en planetarios de Jordan Belson da man de Martin Pawley.

Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?


Para o lingüista computacional Paulo Gamallo a capacidade de entender das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.

 

Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non

Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane  –Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.

 

A que cheiran os mortos?

A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.

 

Banda deseñada e ciencia

Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.