Programa 212 (16-6-12): O Galileo da ESA

Se queres triunfar neste mundo non necesitas ser mais perspicaz có resto da xente, simplemente debes chegar un día antes

Leo Szilard

Louise O. Fresco Foto: Jetoroen Oerlemans

Esta semana visitou Galicia Luísa Fresco. Fresco é unha das científicas mais influíntes dos Países Baixos, é catedrática de desenvolvemento sostible da Universidade de Amsterdam, escritora, divulgadora, ex directiva da FAO, e especialista en agricultura e alimentación. Actualmente tamén está rodando unha serie de documentais para a televisión do seu pais, chamados “O paraíso de Luísa Fresco”. Na súa pescuda do futuro do alimentación os espectadores holandeses han coñecer as algas galegas, o traballo de Portomuíños e as gostosas receitas de Chechu Rey da Reitoral de Cines.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Luísa-Fresco.mp3]

Entrevista a Luísa Fresco

Roberto Prieto Cerdeira foi bolseiro da Fundación Barrié

O sistema global de navegación por satélite Galileo xa conta con 4 enxeños no espazo. Conversamos co enxeñeiro de telecomunicacións da Axencia Espacial Europea (ESA) Roberto Prieto Cerdeira sobre o funcionamento destes sistemas.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/ENTRE-ROBERTO-PRIETO-def.mp3]

Entrevista a Roberto Prieto

 

No Circo de Bacterias de hoxe actúa Halomonas titanicae, a incrible bacteria que se alimenta do Titanic.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/CIRCO-BACTERIAS-TITANIC-def.mp3]

Descargar Circo de Bacterias Titanic

Con Wicho comezamos falando do pasado tránsito de Venús e da NASA, para rematar parolando sobre as copias de seguridade.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/WICHO-VENUS-def.mp3]

Wicherías venus, NASA e copias de seguridade

 

Velaquí o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Efer-212-16-6-12.mp3]

Descargar programa completo

 

 

Programa 207 (12-5-12): Maxia e ciencia na Illa do Pensamento

 

Calquera maxia abondosamente analizada é indistinguible da ciencia

Agatha Heterodyne en “Girl Genius” de Phil e Kaja Flogio (visto en “Los engaños de la mente”)

O grupo de Inmunoloxía e  Xenómica do Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) ven de publicar en PLoS One un estudo sobre a ameixa xaponesa, onde identifican novos xenes cos que este bivalvo se defende das infeccións.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-Beatriz-Novoa.mp3]

Entrevista a Beatriz Novoa

Esta semana collemos un barco e chantamos o laboratorio móbil de Efervesciencia na Illa do Pensamento, na Illa de San Simón. Asistimos á clausura do Neuromagic 2012 e interacionamos con neurocientíficos e magos aínda a costa de ver como Apollo Robbins nos roubababa o reloxio.  Tívemos a sorte de poder conversar con Susana Martínez Conde, Luis Miguel Martínez, Kiko Pastur, Apollo Robbins e Amir Raz.

Se despois de escoitar integramente estas entrevistas queres comprobar os nosos poderes como  mentalistas so tes que premer aquí.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-Neuromagic-2012.mp3]

Neuromagic 2012

Con Apollo Robbins e Luís Martínez na Illa de San Simón

Nesta edición tamén tivemos un capítulo do Circo de Bacterias, ademáis da ocación de agasallar co marabilloso libro de Susana Martínez Conde e Stephen Mackinik “Los engaños de la mente”  (Ed. Destino) a unha das nosas oíntes mais precoces.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Efer-207-12-5-12.mp3]

Descargar programa completo

 

Programa 135 (24-5-09): Coruñecern 0.1

O Centro Cívico do Mallos acolleu a primeira edición do Coruñecern organizado polo IES Urbano Lugris, e alí estivo Efervesciencia para cubrir o evento.

Poñentes no Coruñecern

Poñentes no Coruñecern

Puidemos falar con Margarita Cimadevila, Susana Mataix, Mar Capeans e Francisco Barradas.

[youtube NDfC7QHzMzQ]

No Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreiras asistimos ao combate entre antibioticos e bacterias.

[local /files/2009/05/1_5_penicillin.wmv nolink]

Pontevedra converteuse na capital da feixómica – o estudo xenético do feixón común – co Congreso Internacional “Phaseomics VI Meeting”. Conversamos con Antonio de Ron, profesor de investigación da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC.

[audio:http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer135_24-5-09.mp3]

Programa 132 (3-5-09): Seleccionados naturalmente

A Sociedade Galega de Ornitoloxía celebra os seus primeiros 10 anos poñendo en marcha o Noticiario Ornitoxeográfico Galego, unha aplicación web que fará as delecias dos afeccionados aos paxaros.

Temos o pracer de conversar sobre Darwin e evolución humana con Juan Luis Arsuaga, premio Príncipe de Asturias de Investigación 1997  e co-director das excavacións de Atapuerca.

Non sabemos se hai moitos programas de radio que teñan de colaborador un microbiólogo. Nós contamos co investigador do Programa Parga Pondal Esteban Fernández Moreira. Ao fío da expansión da gripe A (H1N1) dedicamos o seu Circo de Bacterias a coñecer un pouco mellor aos seres autoreplicantes mais pequenos, os virus. Aquí podes ver unha animación que da unha boa idea do tamaño dos virus.

Estas semana en Santiago podes tomar un café con Carl Sagan e o seu fantástico Cosmos grazas a unha iniciativa da Universidade de Santiago.

Programa 132 (3-5-09)