Efer 363 (10-7-16): Astronomía para gozar este verán

20691078871_6c2f90ce26_k

Foto Óscar Blanco

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016.

 

Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia.

 

O mecenado non é algo exclusivo das artes. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsar ós mellores investigadores mundiais en biomedicina.

 

Fonte “Nature”

Ana Latorre Pellicer – investigadora do grupo de medicina xenómica da USC – é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da “sincronización” entre os dous xenomas que portamos nas nosas células – o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento.

Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos

“Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta”
Jacques-Yves Cousteau

.

Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do dióxido de carbono que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC estuda á evolución da acidez no Atlántico Norte. Nunhas poucas décadas poden desaparecer os arrecifes de augas frías.

.

Facemos a presentación mundial do videoxogo Al-Kimia, desvelamos #ondaestáDeborah? e vamos de Postal Planetaria con David Bowie e Borja Tosar.

.

Tamén damos a coñecer a nova convocatoria do concurso de relatos “Ciencia que Conta” organizados polo grupo Divulgatia da Universidade de Vigo.