Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia

(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais.
(32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o grupo Zebrabiores. Este non é o primeiro peixe zebra “avatar” co que traballan, pero este proxecto de investigación ten unha significación moi especial para ambas investigadoras. Ademais teñen lanzado unha campaña de micromecenado desde precipita.es. https://www.precipita.es/proyectos/Pelayo-y-el-pez-cebra-ayudan-en-la-investigacion-de-las-enfermedades-raras–

Efer 555 (15-4-21): Son as ondas gravitacionais as chaves para entender a materia escura?

(3:25) Habitantes microscópicos dos nosos fogares con Bibiana García Visos no súa sección Ciencia para andar por casa.
(14:10) As ondas gravitacionais son unha nova forma de facer astronomía. Ata o de agora LIGO e VIRGO veñen observando colisións de buratos negros, e nalgúns casos de estrelas de neutróns. No entanto, na análise da onda GE190521, a máis masiva de todos, hai detalles que non encaixan. A nova fichaxe do IGFAE, Juan Calderón Bustillo, vén de publicar unha modelización alternativa desta observación en colaboración con investigadores da Universidade de Aveiro. De se confirmar esta interpretación, o sinal correspondería á colisión de dous obxectos exóticos, e ata agora nunca vistos, as estrelas de bosóns. E como derivada adicional, estas estrelas de bosón propostas poderían dar pistas sobre a esquiva materia escura. Calderón mesmo deixa aberta a posibilidade de que os obxectos supermasivos no centro das galaxias sexan en vez de buratos negros estas hipotéticas estelas de bosóns.
(42:43) A que sabe Luis Seone? O artista Fran Quiroga artella un ensaio arte-ciencia na Fundación Luis Soane coa participación da spin off da Universidade de Santiago TasteLab. Conversamos con Fran Quiroga e Andrés Martínez Sánchez de TasteLab.
http://www.efervesciencia.org