Efer 354 (8-5-16): Ciencia que Conta 16

SAMSUNG CSC

Un ano máis tivemos a hora de retransmitir a gala de entrega de premios do concurso de relatos científicos “Ciencia que Conta“. Grazas ao traballo do grupo Divulgatia da Universidade de Vigo este certame dirixido á comunidade escolar e ao público xeral chega á súa oitava edición.

Na sede da Fundación Barrié en Vigo contamos coa presenza do catedrático de física da Universidade de Vigo Pío González, cos membros do xurado Cristina Rodríguez (técnica da área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo) e Celia Durán (gañadora do certame en anteriores edicións) e con Santiago Montenegro de Artello Teatro.

Estes foron os gañadores en cada categoría e a dramatización que lle fixemos dos seus relatos:

07052016-3757

Polo xeito enxeñoso e estruturado de lembrarnos a importancia do traballo en equipo e da organización na sociedade, sen deixar de sinalar que cada individuo é único e necesario;  polo esforzo realizado para fiar de forma creativa conceptos específicos de bioloxía e embarcarnos con rigor científico nunha marabillosa viaxe didáctica: a da solidariedade, outórgase o Primeiro Premio na categoría de Educación Primaria ao relato “O doador doado” de Lucas López Sanmartín do CEIP de Ponte Sampaio.

Pola empatía e proximidade establecida co público lector, a través do diálogo como recurso literario, que nos amosa a Isaac Newton como o humilde físico que cambiou a física e revolucionou o mundo da ciencia coa súa lei da gravidade, outórgase o Primeiro Premio na categoría de Educación Secundaria Obrigatoria ao relato “A ombros de xigantes” de Manuel Francisco Lamela Gómez do Instituto Basanta Silva de Vilalba.

07052016-2183

Polo recurso do mar como nexo de unión entre o mundo literario e o científico, fonte de inspiración para explicar a orixe das ondas a través do método indutivo. Dun xeito orixinal e creativo, a autora tira conclusións a partir da observación, estudo, rexistro dos feitos para logo explicar a causa deste fenómeno tan corrente na nosa costa. Destaca a contraposición entre as dúas caras da natureza, a cara amable e próxima e a cara da destrución (envolta nun soño) para descifrar un porque que resolve a ciencia; outórgase o Primeiro Premio na categoría de Bacharelato e Ciclos FP ao relato “Ondiñas do mar de Vigo” de Mar Sola Sanmartín do IES Politécnico de Vigo.

07052016-3958

Polo recoñecemento ao traballo desenvolvido polo matemático de Alan Turing, clave para o final da segunda guerra mundial, a través dun relato literario, histórico e… enigmático que nos engaiola e mantén en tensión desde o principio até o remate, outórgase o Primeiro Premio na categoría Público en Xeral ao relato “O xenio que non foi figura” de Paula Xirasola (Paula Fernández Rodríguez).

07052016-2086

Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos

“Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta”
Jacques-Yves Cousteau

.

Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do dióxido de carbono que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC estuda á evolución da acidez no Atlántico Norte. Nunhas poucas décadas poden desaparecer os arrecifes de augas frías.

.

Facemos a presentación mundial do videoxogo Al-Kimia, desvelamos #ondaestáDeborah? e vamos de Postal Planetaria con David Bowie e Borja Tosar.

.

Tamén damos a coñecer a nova convocatoria do concurso de relatos “Ciencia que Conta” organizados polo grupo Divulgatia da Universidade de Vigo.

Efer 306 (14-12-14): Ciencia que Conta 2014

Se a vostede lle presentan a un científico, non lle pregunte polo que sabe, senón polo que el quere saber. A conversa resultaralles moito máis proveitosa ós dous

Stuart Firestein

O programa máis entrañable da tempada efervescente é sempre a retransmisión da gala de entrega dos sétimos premios Ciencia que Conta. Dá gusto ver as ganas que lle botan as rapazas e rapaces participantes por construír un relato de temática científica en galego. Na sede da Fundación Barrié acompañáronnos algúns dos 345 participantes no concurso. Tamén contamos cuns invitados de luxo: a investigadora do Inibic Joana Magalhaes, o creador dos Bolechas Pepe Carreiro, o director xeral da Fundación Barrié Javier López, o neurocientifico do CSIC Luis Martínez Otero e o mago Miguel Ángel Gea.

Ciencia que Conta é unha iniciativa fantástica do grupo Divulgatia da Universidade de Vigo. En breve os relatos finalistas verán luz nun libro.

Estas son as adaptacións radiofónicas íntegras que fixemos dos relatos gañadores:

Categoría de alumnado de Educación Primaria

“A maxia do meu avó” de Lucía Álvarez Puga do CEIP Escultor Acuña de Vigo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Prim-CQC14-directo.mp3|titles=Prim CQC14 directo]

Descarga audio

Categoría de alumnado de Educación Secundaria Obligatoria

“Os embrións non saben que é sábado” de Antía López Pazó do IES Alexandre Bóveda de Vigo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/SEC-CQC-14-def.mp3]

Descarga relato

Categoría de Alumnado de Bacharelato e Ciclos FP

“O descenso do ascensor paradoxal” de Álvaro González Leiro do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Bach-CQC-14-def.mp3|titles=Descargar relato bacharelato]

Descarga relato

Categoría de público en xeral

“Eu mais ela, as tres” de Mauela Campos Agrafojo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Xeral-CQC-14-def.mp3]

Descarga relato

Velaquí tes o programa íntegro xa empaquetado para escoitar ou descargar:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/12/Efer-306-14-12-14.mp3]

Efer 306 (14-12-14)

Foto de familia dos finalistas do CQC14

Pepe Carreiro (dereita) e o público

Miguel Ángel Gea e Luis Martínez Otero

Todas as fotos da entrada son de Paulino Pérez.

Efer 298 (19-10-14): Poeira espacial

A vida é infinitamente mais estraña que calquera cousa que a mente humana poida inventar

Sherlock Holmes en “Un caso de identidade” de Conan Doyle

Infografía de "Seeds Project"

O espazo está moito máis enlixado do que pensamos. Desa poeira espacial nacen estrelas e planetas. Outros pos, que poderiamos chamar de entullo, veñen dos choques entre corpos planetarios.  Amaya Moro Martín, astrofísica no Space Telescope Science Institute, aproveita estas poeiras para estudar sistemas extasolares.  Sería posible que este po transportase vida entre sistemas solares?

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/AMAYA-MORO-1-def.mp3]

Entrevista Amaya Moro parte 1

Amaya Moro vén de publicar unha carta aberta en Nature na que se expresa a preocupación da comunidade cientifica polas actuais políticas científicas na Unión Europea. Dúas liñas deste artigo dan conta da intención de Portugal de pechar a metade das súas unidades de investigación logo dunha “defectuosa avaliación da European Science Foundation (ESF)”. Esta avaliación ten levantado unha gran polémica en Portugal. Pola súa parte a ESC  instou a Moro para que se retractase baixo a advertencia de emprender acción legais no Reino Unido, que onde se publica Nature.

A carta de Amaya Moro encádrase nunha inciativa de investigadores de varios paises que están a facer mobilizacións contra os recurtes en ciencia, nas que se inclúe a recollda de sinaturas de apoio á “Carta Aberta pola defensa da investigación en Europa“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/AMAYA-MORO-2-def.mp3]

Entrevista a Amaya Moro parte 2

.

O neurocientífico Casto Rivadulla explícanos o premio Nobel de Fisioloxía 2014, un galardón que xa estaba no aire. (No vídeo obsérvanse en acción as “células de posición” dun rato nun labirinto)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/CASTO-NOBEL-2014-DEF.mp3|titles=CASTO NOBEL 2014 DEF]

Nobel Fisioloxía 2014 por Casto Rivadulla

.

Eva Rodríguez da Axencia SINC conversa con Luís Llaneza de ARENA (Asesores en Recursos Naturais, S. L.) sobre unha nova metodoloxía para rastrexar as mandas de lobos cando non se teñen indicios directos da súa presenza.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/SINC-LOBOS-DEF.mp3]

SINC  Seguemento de mandas de lobos

.

Pío González preséntanos unha nova edición do concurso de relatos cientítficos “Ciencia que Conta

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/PIO-Presentación-CQC-e-despedida.mp3]

Presentación Ciencia que Conta

.

Velaquí tes o programa íntegro para escoitar, difundir, compartir… ou o que queiras.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/10/efer-298-19-10-14.mp3]

Efer 298 (19-10-14)