Efer 482 (12-6-19): O xoguete infantil e a última fronteira da física

O ángulo máxico da revolución “viratrónica” con Pablo Jarillo Herrero

Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular.

O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo.

As ondas gravitacionais fixeron posible a evolución humana

Durante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.

Iluminar o urbanismo salvaxe do cancro. O cancro precisa de crear vasos que lle acheguen nutrientes para se poder expandir. Unha investigación do CIMUS-USC, CIQUS-USC e CICA-UdC ven de amosar como se poden volver fluorescentes estes tecidos. Conversamos desde o CIMUS co investigador José A. Costoya.

Arte no CERN coa instalación Datos Fluidos de Agnes Chavez [Muller e ciencia] Joana Magalhaes preséntanos na súa sección a artistae educadora norteamericana de orixe cubana Agnes Chavez que ultima unha instalación artística no Centro de Datos do CERN.

Programa 180 (24-9-11): Efervesciencia desde o CERN

Durante os últimos 25 anos nos que investiguei sobre as partículas mais pequenas que constitúen a materia empecei a ver a natureza como un grande test de intelixencia para toda a humanidade.

Gerard´t Hooft

A gran pregunta deste test de intelixencia á humanidade é chegar a saber “o que son as cousas”, coñecer as cousas ata intimidade mais pequena da materia. E para esta colosal epopea contamos cun cerebro colectivo froito da interacción das ideas e esforzos das 10.009 persoas que na actualidade traballan no CERN, o Laboratorio Europeo, pero en realidade mundial, de Física de Partículas.

(Foto: C. Lozano)

Xusto hai 3 anos botou a andar no CERN a súa xoia da coroa, o LHC, o Gran Colisor de Hadróns. Unha enxeño colosal que é a vez o maior “microscopio” xamais imaxinado para asexar no mais pequeno da materia, e unha máquina do tempo para viaxar 13.700 millóns de anos cando o noso universo non era mais que punto denso e moi, moi quente, e non tiña de vida apenas unha fracción de segundo.

(Foto: A. Rivas)

Para gravar este programa acompañamos durante 5 días a un grupo de profesores galegos de secundaria cos que gozamos da experiencia única de coñecer aos protagonistas deste espazo e tempo privilexiado no que se está a construír a historia do século XXI.

(Foto: C. Lozano)

Aínda que non falamos do experimento OPERA neste programa, contámosvos como curiosidade que xusto no último día da nosa expedición – unha semana antes de que saltase a noticia dos neutrinos superlumínicos – un dos profesores galegos preguntou nun seminario a Álvaro de Rújula precisamente sobre a posibilidade de que os neutrinos puideran viaxar a maior velocidade da luz. Andaremos atentos ao que dea de si todo este asunto, mentres gozade co programa que gravamos no CERN.

(Foto: A. Rivas)

Descargar el programa completo

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Efer-180-24-9-11.mp3]

Se quedas con ganas de mais velaquí tes ás versións extendidas das entrevistas:

Con José Salicio (Foto: C. Lozano)

Entrevista extendida a José Salicio

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Salicio-Extendida.mp3|titles=Entre Salicio Extendida]

 

Con Teresa Fonseca e Abraham Gallas (Foto: C. Lozano)

Entrevista extendida con Teresa Fonseca e Abraham Gallas

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/06/Entre-Fonseca-Gallas-Extendida.mp3|titles=Entre Fonseca Gallas Extendida]

Con Araceli Sánchez e Adriana Patiño (Foto: C. Lozano)

Con Ricardo Paredes, Socorro Liste, Mick Storr e Margarita Cimadevila (Foto: C. Lozano)

Entrevista informal a John Ellis

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-John-Ellis1.mp3|titles=Entre John Ellis]

John Ellis

Entrevista informal a Álvaro de Rújula

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/05/Entre-Rujula-2011.mp3|titles=Entre Rujula 2011]

Falei mal de SUSY (Teoría da SuperSimetría) (Foto: A. Rivas)

Mais fotos…

 

Programa 135 (24-5-09): Coruñecern 0.1

O Centro Cívico do Mallos acolleu a primeira edición do Coruñecern organizado polo IES Urbano Lugris, e alí estivo Efervesciencia para cubrir o evento.

Poñentes no Coruñecern

Poñentes no Coruñecern

Puidemos falar con Margarita Cimadevila, Susana Mataix, Mar Capeans e Francisco Barradas.

[youtube NDfC7QHzMzQ]

No Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreiras asistimos ao combate entre antibioticos e bacterias.

[local /files/2009/05/1_5_penicillin.wmv nolink]

Pontevedra converteuse na capital da feixómica – o estudo xenético do feixón común – co Congreso Internacional “Phaseomics VI Meeting”. Conversamos con Antonio de Ron, profesor de investigación da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC.

[audio:http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer135_24-5-09.mp3]