Éche Así, divulgación na tele

logoecheasi3b

Cada vez queremos ver máis e mellor divulgación científica na televisión. Grazas ao patrocinio da FECYT agora podemos gozar de “Éche Así” na Televisión de Galicia os domingos pola mañá.

Ao longo de 8 capítulos percorreremos Galicia para facer ciencia na rúa, nos bares e tamén nos coles. Experimentos para curiosos presentados por David Ballesteros, David Rodríguez, Saamira Ganay e Manuel Vicente. “Éche” esta producido por Ceo Aberto e Danga Danga e dirixido por Gaspar Broullón.

O mellor de todo é que na web de “Éche Así” está dispoñible información adicional de todos os experimentos e que se poden ver todas as experiencias na súa canle de You Tube.

Xa estamos na conta atrás para a nova tempada de “Efervesciencia”. Para facervos mais curta a agarda iremos compartindo algún dos mellores momentos de “Éche Así”. Comezamos con este experimento sobre a cegueira ao cambio realizado en plena rúa Nova de Compostela.

 

 

Social Widgets powered by AB-WebLog.com.