Efer 352 (24-4-16): Radiografía á divulgación galega

IMG_5910(1)

Presentación do Informe (Xurxo Mariño, Manuel Vicente, Ánxela Bugallo, Francisco Díaz Fierros, Jorge Mira, Silvia López, Iolanda Casal e Julio Rodríguez Taboada)

Dámoslle un repaso de arriba a abaixo a divulgación científica en Galicia da man do neurocientífico Xurxo Mariño e a xornalista Iolanda Casal, poñentes do último informe do Consello da Cultura Galega: A Divulgación da Ciencia en Galicia.

 

Na ISS teñen cultivado leitugas mediante hidroponía. En Galicia temos empresas como H2 Hydroponics.

 

O documental “Un espectador vulnerable” recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto “Cefaparques“. Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos.
Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de investigación EcoBiomar do IIM-CSIC.

 

É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos.

Efer 233 (19-1-13): O retorno da lura xigante

Sempre suspiramos por visións de beleza, sempre soñamos mundos descoñecidos

Máximo Gorki

 

Lura xigante fotografada por Discovery Channel

A pasada semana soubemos que un equipo xaponés dirixido por Tsunemi Kubodera foi quen de filmar para Discovery Channel e por primeira vez na historia a unha lura xigante viva no seu medio. Beleza en estado puro no descoñecido mundo das profundidades abisais.

Conversamos co teutólogo Ángel Guerra,  Profesor de Investigación no CSIC-IIM, é un dos máximos especialistas mundiais no Architeuthis dux, a lura xigante. Unha viaxe fascinante ao incrible mundo dos cefalópodos e o seu rei indiscutible.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/entre-lura-xigante-def.mp3]

Entre lura xigante con Ánguel Guerra

Ánguel Guerra

 

En Galicia temos empresas que están deseñando o seus propios prototipos de turbinas para explotar as correntes mariñas, é o caso de Resolve Enerxía.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/INNOVANDO-RESOLVER-RENOVABLES-DEF.mp3]

Innovando Resolve Enerxía.

Nesta edición efervescente tamén coñecemos o incrible caso dun  rotífero que leva 80 millóns de anos sen sexo (1 e 2). Non podía ser noutro sitio que no Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/circo-rotíferos-def.mp3]

Circo de Bacterias Rotífero

Rotífero bdelloideo (Diego Fontaneto en Plos Biology, doi:10.1371/journal.pbio.0050099.g001)

 

Completa o programa un experimento de ovos. Podes escoitalo integramente aquí:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/efer-233-19-1-13.mp3]

Descarga o programa completo