Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico

“A singularidade dun burato negro é Marie Kondo”. A foto de M87 con Javier Mas e José Luis Gómez

Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o “Event Horizont Telescope” deu a coñecer a primeira “foto” dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé, profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87 tamén tomou parte na conversa.

Como localizar onde está M87 [Guía do Ceo]

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley ensínannos a localizar M87 no ceo.
Neste enlace tedes unha axuda visual.