Feb
13
2017
Monográfico dedicado ás augas
Con Juan Lema Rodicio – catedrático de enxeñería química da USC – repasamos a historia do tratamento de augas residuais. Desde a cloaca máxima dos romanos ata as posibilidades actuais da enxeñería ambiental. Os últimos desenvolvementos pescudan converter as depuradoras en biorefinerías da que podamos obter bioplásticos e todo tipo de materiais.
GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira
Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica.
Confusións e timos ao redor da auga
O catedrático de química-física da USC José Vázquez Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademais de varios timos que podemos atopar na rede.