Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello

As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto “Light4Heritage” estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre “Light4Heritage” con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?

 

Portada galega en Science

O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science.

 

Vaso de viño cardiosaudable?

Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Aquí tes máis información.

 

 O cheiro da choiva

En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de “Moléculas en Galego” Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.

 

Efer 369 (30-10-16): Por que nos sigue fascinando Verne?

 

“Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade”

cv89akuxeaaxf2d-jpg-large

O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un “verniano” ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de “20000 leguas debaixo do mar”, a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.

 

O necrobioma pode resolver asasinatos

Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira especial Samaín.

 

“Mareas Vermellas” na gran pantalla

Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental “Mareas Vermellas” que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.

 

Estudan as cidades de bacterias que tes na boca

Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo “in sito” instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.

Efer 238 (23-3-13): Ás bacterias tamén lle gusta o noso patrimonio

A ciencia faise con feitos como unha casa con pedras, pero unha acumulación de feitos non é ciencia, o mesmo que unha morea de pedras non é unha casa

Henri Poincaré

Por que a catedral de Santiago ten tons alaranxados na fachada do Obradoiro, mentres que na Acibechería predomina o verdello?

A bolseira Barrié en Harvard Patricia Sanmartín é  doutora en Química especialista en conservación das rochas graníticas don noso patrimonio histórico-cultural. Un patrimonio colonizado por bacterias, liques, algas,..

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/entre-PATRICIA-SANMARTIN-def.mp3]

Descargar entrevista a Patricia Sanmartín

m

Este 23 de abril o Día do Científico Galego vai estar dedicado a Benito Jerónimo Feijoo, un ilustrado que combateu a ignorancia científica cunha obra que traspasou fronteiras.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/cientifico-2013-feijoo-def.mp3]

Descargar científico 2013

m

Nunca un simple limón deu un zume tan matemático. A Igrexa da Universidade de Santiago acolle ata o 16 de maio a exposición RSME Imaginary, unha mostra visual e interactiva para todos os públicos na que se poden atopar imaxes, esculturas e pantallas táctiles. Esta foi a nosa vista.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/repor-IMAGINARY-DEF.mp3]

Reportaxe Imaginary

n

E complementan esta edición efervescente unha nova Entrevista no Alén, neste caso a León Foucault. Velaquí tedes o programa completo.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/Efer-238-23-3-13.mp3]

Descargar programa completo Efer 238 (23-3-13)