Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día

Bioética aplicada

José Antonio Seoane

Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día.

Sonia García da Asociación AMIPA poderá exercer o dereito ao voto por primeira vez malia teren pasado multitude de eleccións logo de acadar a súa maioría de idade.

En Galicia vense de constituír o primeiro comité de bioética en servizos socias. Virginia Alonso é a presidenta deste comité do Consorcio de As Mariñas.

NeuroART, feromonas e … Mahler

NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler!

Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?


Para o lingüista computacional Paulo Gamallo a capacidade de entender das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.

 

Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non

Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane  –Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.

 

A que cheiran os mortos?

A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.

 

Banda deseñada e ciencia

Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.

Efer 234 (9-2-13): Angelita e Angel

A inmortalidade é unha fantasía, un xeito de esquecer a realidade. O que importa mentres estamos aquí é a vida, a xente, abrazar ó amigos, vivir feliz e intentar cambiar o mundo

Óscar Niemeyer

A gran innovación dos soportes de lectura electrónica é que cun so dispositivo pódense ler infinitos contidos. Este concepto inventouno e patentouno hai 70 anos unha mestra ferrolá Ángela Ruíz Robles, Doña Angelita. A redactora da axencia SINC Eva Rodríguez lémbranos á xénese do libro mecánico e entrevista ao neto da inventora, Daniel González de la Rivera.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/SINC-ANGELA-RUIZ.mp3]

SINC Ángela Ruíz Robles

Anxela co prototipo do seu libro que actualmente pode verse no MUNCYT na Coruña

 

Para nós foi todo un privilexio poder contar nos estudios da Radio Galega en San Marcos cun dos meirandes investigadores galegos actuais: Ángel Carracedo. Carracedo é catedrático de medicina legal, director do grupo de Medicina Xenómica da USC e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Con el tivemos o gusto de conversar sobre xenética forense no que son líderes mundiais, da súa etapa en Uppsala como “primeiro” bolseiro Barrié, de farmacoxenética, do programa Diana, de educación, das bases de datos xenéticas e a súa privacidade, de bioética, e de patentabilidade das técnicas xenéticas. Aproveitamos ao máximo a xenerosidade do profesor Carracedo de concedernos o seu tempo.

A entrevista emitímola en antena en dúas partes:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-1.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-PARTE-2.mp3]

Entrevista a Carracedo parte 2

Para os que queirades escoitar a versión orixinal estendida da conversa con Angel Carracedo podédela escoitar aquí:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/ENTRE-CARRACEDO-2013-EXTENDIDA.mp3]

Entrevista a Carracedo estendida

Ángel Carracedo con Marta Vila

 

David Ballesteros dános a solución aos experimento con ovos que formuláramos no anterior programa de Efervesciencia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Solución-Ovos.mp3]

Descargar solución ovos

Ovo de prata de Andrea González

 

Velaquí podes escoitar e descargar o programa completo:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/EFER-234-9-2-13.mp3]

Descargar programa completo