Percepción extracorpórea en directo

No programa 220 conversamos con Casto Rivadulla de NeuroCOM entre outras cousas de como a realidade virtual pode ser unha ferramenta útil para a neurorrehabilitación en doentes de párkinson. E nestas paroladas saíu a idea de que é moi doado facer unha experiencia de realidade virtual “analóxica”. Para iso so se precisa dun par de pinceis e unha “man de goma” (así é como se coñece este experimento) ou doutro material. Casualidade das casualidades nos tiñamos no programa en directo unha man que fabricamos enchendo de pasta de modelaxe unha luva das de lavar a louza.

 O noso coello de indias foi Ricardo Cao, vicerreitor de Investigación da Universidade da Coruña. Trátase de que o suxeito so vexa a man de goma mentres o pincel toca simultaneamente a man real e man inerte.

Ricardo Cao experimentando o efecto da "man de goma"

En poucos segundos síntese a man de plástico como propia. Toda unha experiencia extracorpórea coa que se pode triunfar en todo tipo de encontro entre amigos.

Un final inesperado para experimento da man de goma (ilustración Javier Zarracina, www.boston.com)

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2012/10/Neurocom-man-de-plástico.mp3]

Descarga o audio do experimento da man de goma