Efer 327 (10-5-15): E este homínido de quen vén sendo?

O home é o único animal que quere existir

Fernando Pessoa

A elaboración do noso álbum familiar como especie está moi animada. Os descubrimentos dos últimos anos abren suculentas discusións no eido da paleontropoloxía. Nesta edición tivemos o honor de poder manter unha longa conversa con María Martinón que é antropóloga dental no Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana. Martinón pertence ao equipo de escavación de Atapuerca, e con ela falamos de neandertais, do home de Denisova, dos inicios da solidariedade na nosa especie e outros aspectos actuais de evolución humana.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Entre-María-Martinon-2015-1.mp3]

Entrevista a María Martinón: Parte 1

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Entre-María-Martinon-2015-2.mp3]

Entrevista a María Martinón: Parte 2

Esta é unha pregunta que lle fixemos a Martinón e que non puidemos incluír na emisión radiofónica por falta de tempo. Tras o amplo estudo en Science do equipo de Atapuerca en 2014 sobre as características neandertais dos fósiles da “Sima de los Huesos”, cómpre preguntarse que falla na asignación tradicional de Homo Heidelbergensis  a estes espécimes.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/Extra-Martinón-Mauer.mp3]

Pregunta extra a Martinón

María Martinón

.

Eva Rodríguez de SINC conversa con Joaquín Bedía do Instituto de Física de Cantabria. Veñen de publicar un traballo no que se estima que para 2075 ás áreas queimadas polos incendios hanse duplicar e mesmo triplicar na Península Ibérica atendendo ao cambio climático.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/SINC-prospectiva-area-queimada-def.mp3]

SINC prospectiva areas queimadas 2075

 .

Completa o programa a segunda entrega da Rede Galega de Biomateriais. Velaquí tes o programa íntegro, compárteo e dinos que che gusta.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/05/EFERVESCIENCIA-10_05_15.mp3]

Efer 327 (10-5-15)

 

Programa 132 (3-5-09): Seleccionados naturalmente

A Sociedade Galega de Ornitoloxía celebra os seus primeiros 10 anos poñendo en marcha o Noticiario Ornitoxeográfico Galego, unha aplicación web que fará as delecias dos afeccionados aos paxaros.

Temos o pracer de conversar sobre Darwin e evolución humana con Juan Luis Arsuaga, premio Príncipe de Asturias de Investigación 1997  e co-director das excavacións de Atapuerca.

Non sabemos se hai moitos programas de radio que teñan de colaborador un microbiólogo. Nós contamos co investigador do Programa Parga Pondal Esteban Fernández Moreira. Ao fío da expansión da gripe A (H1N1) dedicamos o seu Circo de Bacterias a coñecer un pouco mellor aos seres autoreplicantes mais pequenos, os virus. Aquí podes ver unha animación que da unha boa idea do tamaño dos virus.

Estas semana en Santiago podes tomar un café con Carl Sagan e o seu fantástico Cosmos grazas a unha iniciativa da Universidade de Santiago.

Programa 132 (3-5-09)