Postal Planetaria: O cimiterio dos astrónomos

Tumba de Newton (Herry Lawford CC BY 2.0)

Todos somos po de estrelas, tamén os grandes astrónomos da historia. Nesta nova “Postal Planetaria” Borja Tosar repasa ás verbas gravadas en pedra que acompañan ás cinzas dos grandes das astronomía.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/10/Postal-epitafios-astrónomos-def.mp3]

Postal Planetarios: Epitafios Astrónomos

Guía do Ceo de verán 2013

Á altura do solsticio de verán estamos nos días mais longos do ano onde o sol acada a súa máxima altura ó mediodía, e a nosa sombra é mais pequena. Pola contra as noites son as mais curtas, pero aínda así hai moito ceo por gozar, e senón que llo digan aos nosos estreleiros, Irene Baspino e  Martin Pawley.

Para quen queira non deixar de escapar a oportunidade de explorar o ceo de verán velaquí temos a nosa Guía do Ceo válida para novatos e tamén para “enterados”.

Nesta Guía do Ceo incluímos unha crónica sonora da “Noite Efervescente“.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/Guía-do-Ceo-do-Verán-2013-def.mp3]

Podcast da Guía do Ceo do Verán 2013

E como extra aquí tedes un agasallo que nos fixo Irene Baspino, unha Guía do Ceo do verán paso a paso en formato electrónico. Non a deixedes de compartir e levar nas vosas vacacións.

Guía do Ceo do Verán 2013

Atopa os 5 erros deste microrelato e participa na Noite Efervescente

Este mircrorelato de Henrique Neira resultou finalista da edición 2013 de Inspiraciencia. Nel introducimos deliberadamente 5 erros. Es quen de atopalo? Escríbenos a efervesciencia(aquí vai a arroba)radiogalega.es coas túa respostas antes do 22 de maio.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/a-galleta-de-manoliño-def.mp3]

Descargar microrelato

Gañará quen atope mais erratas, no caso de empate farase un sorteo.

O premio é unha estadía dunha noite con almorzo para 6 persoas nun apartamento do albergue Os Biocos en San Xoán de Río (Ourense) para participar na festa da astronomía para todos Noite Efervescente o sábado 15 de xuño. Se queres participar no concurso e non desexas asistir á Noite Efervescente podes escoller como premio alternativo levar un libro de divulgación.

(En caso de que por causas meteorolóxicas se pospoña a Noite Efervescente se poderá gozar do premio noutra data anterior ao 15 de setembro de 2013, sempre que haxa dispoñibilidade no albergue. Nestas circunstancias os gañadores se lles ofrecerá desde o albergue dos Biocos unha sesión guiada de observación astronómica)