Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre

 

 

 

Open Science Cambre

Iniciamos tempada desde o “Open Science Cambre” onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI  (Instituto de Biocomputación y Física de Sistemas Complejos – Universidad de Zaragoza). Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da “Open Science Cambre”), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).

 

Inmunoterapia contra o cancro

Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a James P. Allison e Tasulo Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.

 

AMIT en A Coruña

Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man da nosa colaboradora Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).

 

Previa Noite Efervescente

Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Efervescente que habemos celebrar en Guitiriz.

 

Efer 423 (28-1-18): Para que serven as patentes?

 

Tintinoloxía

Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.

 

Patentes

Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?

 

Ciencia no Parlamento

Andreu Climent preséntanos a iniciativa “Ciencia en el parlamento” que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido.

 

Signos astronómicos para persoas con xordeira

Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018.
Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos, tanto para xordos como oíntes, a tradución española do “Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Signos francés (LSF)

Efer 372 (20-11-16): Especial Prismas 2016

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016.

Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista “Astronomía“, con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).

 

Na segunda parte do especial Prismas 2016 contamos co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.

 

Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC]

Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.

Solución #uloaberrón

sin-tituddslo-2

Desvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron “Aberrón” o seu libro “El ojo desnudo” para os oíntes de Efervesciencia.

Efer 367 (16-10-16): Unha noite no observatorio

Por cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirioxuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón (Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña).
Nesta festa da astronomía para todos tivemos un pouco de lúa, ceo estrelecido e a mellor compaña. Unha experiencia que é posible revivir grazas a maxia da radio.

Foto Ángel Arós