Efer 461 (16-1-19): Gala Ceos Galegos

Levamos os nosos micros á primeira Gala Ceos Galegos de astrofotografía en Castrelo de Miño. Ali coñecemos aos gañadores das diferentes modalidades do concurso: Fins Eirexas, Ángel Arós, Uxía Vales e Miguel Sánchez.

Cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley saberemos das efemérides históricas que habemos celebrar en 2019.
As tarxetas gráficas tamén serven para facer ciencia. Adrián Pérez da UDC vén de gañar o premio de investigadores menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea

O home é o único animal que come sen fame, bebe sen sede, e fala sen ter nada que dicir

Mark Twain

CZ6hf2DWIAAy72Z

Foto @xurxomar

Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san?

.:

24487626361_bb3c0e0a2c_b

 

A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.

A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.

Guía do Ceo de Abril: Astrofotografía II

Nova entrega da Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Coa participación especial de Óscar Blanco e os seus consellos para facer as nosas primeiras astrofotos (aquí a primeira entrega). Agardamos as vosas fotos do ceo no noso facebook.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/04/GUIA-CEO-ABRIL-13-def.mp3]

Guía do Ceo de abril

 

Foto Óscar Blanco

Guía do Ceo de Febreiro-Marzo: Astrofotografía I

 

O cometa PANSTARRS fotografado polo astrónomo amateur Terry Lovejoy en Australia

Nesta edición da Guía do Ceo, ademais  de falar do cometa Panstarr, contamos como invitado especial a Óscar Blanco que nos conta como iniciarse na astrofotografía. Cos trucos de Óscar anímate a mandar a túa primeira foto do ceo ao noso facebook, a mellor foto levará un agasallo efervescente.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/03/guía-do-ceo-febreiro-13.mp3]

Guía do Ceo Febreiro-Marzo 13

 

Velaquí amosamos algúns magníficos exemplos de traballos de Óscar Blanco:

Localización Australia (Óscar Blanco)

 

Localización Australia (Óscar Blanco)

Localización Guitiriz (Óscar Blanco)

Localización A Veiga (Óscar Blanco)

Localización A Veiga (Óscar Blanco)

Localización A Viega, Vïa Láctea e meteoro (Óscar Blanco)